Galicia vive o maior brote de sarampelo do século con 16 casos

Todos os positivos concéntranse en Pontevedra e Ferrol e están relacionados entre eles

Galicia rexistra o maior abrocho de sarampelo do século XXI, cun total de 16 casos, en dous focos repartidos entre as cidades de Pontevedra e Ferrol, e todos relacionados cun primeiro caso dun cidadán romanés ao que lle foi detectada a doenza na capital do Lérez.

Trece dos contaxiados deron positivo e outros tres están pendentes da contraanálise que se realiza no Centro Nacional de Microbioloxía en Madrid. O primeiro caso foi localizado en Pontevedra, nunha nena de nacionalidade romanesa que presentaba xa a característica erupción cutánea (exantema) propia da doenza. A investigación atopou logo a un adulto tamén romanés que se atopaba de paso en Galicia e que acudira ao centro de saúde en Pontevedra con ronchas e febre, aínda que non se lle fixo a proba do sarampelo. Como consecuencia disto, puido desprazarse libremente e espallar o virus, que é moi contaxioso.

Publicidade

O Sergas ten publicado instrucións moi precisas ante calquera sospeita de sarampelo, que inclúen comunicación urxente e realización de probas ante os síntomas de febre e exantema. Neste caso, non aconteceu así.

O 17 de xaneiro, Sanidade activou unha alerta sanitaria en Pontevedra. Tres novos casos de sarampelo foron notificados máis tarde. O 11 de febreiro apareceu o primeiro caso en Ferrol, tamén relacionado co mesmo abrocho.

Publicidade

O sarampelo volve a Galicia tras ser considerado erradicado

En total, ata hoxe hai 16 casos, dos cales 10 están en Pontevedra e 6 en Ferrol. O sarampelo é unha doenza moi contaxiosa. Estímase que cada paciente infectado pode transmitirlle a enfermidade a outras 18 persoas, cando por exemplo e coronavirus está entre dúas e tres.

O sarampelo considerábase unha doenza prácticamente erradicada en Europa, pero nos últimos anos están a aparecer novos abrochos, moitos deles relacionados cos movementos antivacinas, que contravñen a evidencia científica e provocan que haxa persoas sen vacinar. Actualmente, estímase que o 98,3 por cento dos galegos están inmunizados contra este virus.

No ano 2018, rexistrouse un récord de sarampelo en Europa, cun total de 82.596 casos declarados. Este é o maior abrocho de sarampelo en Galicia no que vai do século XXI. Anteriormente, houbera tres caos no ano 2001, e outros tres no 2002 e 2019. O brote máis importante ata o de agora foron os sete casos detectados no ano 2011. Agora, a cifra está en 16.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Dous bens da Coruña elevan a 91 os elementos galegos incluídos na Lista Vermella do Patrimonio

A antiga igrexa barroca de Vimianzo e a Casa Grande do Ribeiro colocan a Galicia no sexto posto nacional por número de inmobles incluídos