Galicia chega ao máximo de hospitalizacións por Covid-19 no día das novas restricións

Os 1.154 ingresos no día de onte, con case 20.000 casos activos, superan o récord da pandemia, que databa do 6 de abril de 2020

Con 19.768 casos activos, o que supón que arredor do 0,73% da poboación galega está agora mesmo baixo seguimento por Covid-19, o número de hospitalizacións por coronavirus acadou este luns o máximo da pandemia. As 161 persoas en coidados intensivos e as 993 noutras unidades, o que fai unha suma de 1154, supoñen un número superior ao do 6 de abril, no cumio da primeira onda, con 1106 hospitalizacións. O rexistro supérase no día no que a Xunta de Galicia anunciará novas medidas ante o avance da terceira onda, que causou no que vai de febreiro 216 falecementos, converténdose xa no terceiro peor mes despois de abril e novembro.

A cifra de hospitalizacións superará nos vindeiros días os máximos, xa que o diagnóstico de novas infeccións mantense de novo por riba dos 1.000. Engadíronse 1.402 novos casos á serie, e o Sergas informa de que entre as 18 horas do sábado e o domingo (cando se pecharon os datos difundidos o luns), se confirmaron 1.234 infeccións mediante PCR.

Publicidade

Os casos activos achéganse aos 20.000, practicamente duplicando as cifras da primeira onda de novembro. É probable que este indicador deixe de medrar tan rapidamente nos vindeiros días ao incorporarse as ‘curacións’ das persoas diagnosticadas a mediados de xaneiro, cando comezou a estourar esta terceira onda. Porén, tal e como adoita acontecer con estas enfermidades, é probable que unha parte deles requiran hospitalizacións e, nalgún caso, acaben falecendo.

A situación complícase tamén a escala municipal, xa que máis dun terzo dos concellos rexistra un mínimo de 40 casos nos últimos 14 días. A incidencia acumulada nalgúns dos municipios de maior tamaño podería levar a que se engadisen ás restricións vixentes en Xinzo de Limia, Arteixo ou Viveiro, onde se pechou toda a actividade non esencial e se prohibiron as reunións de persoas non conviventes.

Publicidade

Nun escenario semellante atópanse localidades como Poio, Cambre, Ponteareas, Verín, Betanzos, Sada, Tomiño, Fene, A Laracha, Salvaterra do Miño ou Silleda, con máis de 10.000 habitantes e cunha incidencia superior a 1.000. Porén, este non é o único indicador que terá en conta Sanidade para elevar as limitacións, xa que nalgúns casos esta incidencia cínguese, en parte, a centros sociosanitarios xa illados, entre outros factores. Consulta a táboa aquí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar