A Xunta eleva o nivel de restricións e pecha a hostalaría en Arteixo, Viveiro e Xinzo

O conselleiro de Sanidade advirte de que a situación é "preocupante", o que levou a situar en nivel máximo de alerta a 115 concellos

A Xunta de Galicia anunciou na mañá deste martes o incremento do nivel de restricións en tres concellos (Arteixo, Xinzo de Limia e Viveiro), que superan a incidencia acumulada de 1.000 casos/100.000 habitantes nas últimas dúas semanas. A importante transmisión nestas vilas levou ao comité clínico a elevar a alerta e decretar o peche da hostalaría e a suspensión da actividade non esencial. A decisión supón un paso máis na escalada para conter a terceira onda, que xa supera notablemente en Galicia os datos da onda de outono.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, advertiu de que a situación era “preocupante”, o que levou a pedir “un esforzo adicional” a estes concellos especialmente afectados pola transmisión. Pola súa parte, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, advertiu de que a decisión se toma tamén pola tendencia de novos casos. “Non tomamos as decisións por un dato illado de incidencia acumulada, senón tamén pola evolución”, advertiu Durán, que expuxo como a incidencia nos tres concellos afectados practicamente se duplicou na última semana.

Publicidade

Outros 112 concellos, tal e como avanzou o luns pola noite a consellería de Sanidade, sitúanse en nivel máximo, o que supón o peche perimetral, a prohibición de atender no interior dos locais de hostalaría e a redución ao 50% da capacidade das terrazas, ademais doutras medidas. O resto dos municipios quedan no nivel medio-alto, que tamén conleva o peche da hostalaría ás 18 horas, a prohibición de reunión de máis de catro persoas non conviventes e o confinamento nocturno ás 22 horas. As medidas entrarán en vigor na medianoite do mércores ao xoves despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

A Xunta activa por primeira vez a emerxencia cinexética en toda Galicia ante os danos do xabaril

A medida estará vixente ata o 31 de xullo de 2027 e permitirá intensificar as capturas para reducir os danos na agricultura, os accidentes de tráfico e os riscos sanitarios