As Regueifas de Ciencia regresan despois do paréntese causado pola pandemia da Covid-19, e fano obrigadas a adaptarse ás circunstancias. Os encontros que se adoitaban celebrar no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago trasládanse á rede, e retomaranse cun debate sobre o papel da industria química no que participarán, como marca o formato impulsado desde 2016, catro expertos enfrontados por unha pregunta sobre a que xirará a Regueifa. A iniciativa está impulsada pola USC e conta co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).
Está a industria química creando un mundo tóxico? A cuestión enfrontará a José Manuel López Nicolás, catedrático de bioquímica e bioloxía molecular na Universidad de Murcia; e Moisés Canle López, catedrático de química física da Universidade da Coruña, na banda do “non“; con Dolores Romano Mozo, responsable de políticas de substancias químicas de European Environmental Bureau, e Maribel Casas Sanahuja, profesora asistente do Instituto de Salud Global de Barcelona (ISGlobal), na banda do “si“. A cita será este xoves 28 de xaneiro ás 19.30 horas e poderá seguirse na canle de Youtube o na páxina web das Regueifas de Ciencia.
Ver esta publicación en Instagram
O longo e complexo debate arredor do uso de determinados aditivos e substancias químicas na industria é un asunto cuestionado por moitos/as activistas e científicos/as, que advirten do seu perigo para as persoas e o medio ambiente, mentres as Axencias Reguladoras e outras voces científicas aseguran que a súa utilización é totalmente segura porque pasan uns controis moi severos.
Diante disto, a Regueifa de Ciencia afondará en cuestións como se os límites de exposición das autoridades sanitarias son seguros, ou se son os plásticos e o glifosato a alternativa máis segura para os seus correspondentes usos.
Conoce a los/as ponentes de #Regueifas13#equipoSÍ 👇
➡ Dolores Romano: https://t.co/DfA0sIt4qx
➡ Maribel Casas: https://t.co/ljQKtDi1nr#equipoNO 👇
➡ José M. López @ScientiaJMLN: https://t.co/ChhIW2Hj9a
➡ Moisés Canle @Moises_Canle: https://t.co/w6mRIcFoqx pic.twitter.com/wGg3d7sNfL— Regueifas de Ciencia (@regueifaciencia) January 24, 2021
Máis información sobre as Regueifas de Ciencia nesta ligazón.