A Xunta establece o nivel máximo de restricións en toda Galicia

Peche perimetral de todos os concellos, limitación de reunións a persoas conviventes e peche da hostalaría, entre as principais medidas

(en ampliación) – A Xunta de Galicia anunciou este luns as novas restricións para conter a terceira onda da Covid-19, e que afectarán a todo o territorio galego. Segundo destacou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo, as medidas entrarán en vigor na medianoite do martes 26 ao mércores 27 e rexerán, en principio, ata o martes 16 ao 17 de febreiro. “É o tempo mínimo que consideramos necesario”.

Estas son algunhas das decisións avanzadas na comparecencia de Feijoo, que se exporán nun decreto que se publicará no Diario Oficial de Galicia este martes:

Publicidade

  • As interaccións sociais quedan limitadas a conviventes “sempre que sexa posible”.
  • Peche perimetral de todos os concellos, agás por motivos xustificados.
  • Peche total da hostalaría agás os pedidos para recoller e os servizos a domicilio.
  • Peche de ximnasios e establecementos deportivos en interiores.
  • Uso de máscara en todo momento, tamén para facer deporte na rúa.
  • Mantense o confinamento nocturno entre as 22 e as 6 horas.
  • O comezo das clases na universidade adíase o 8 de febreiro, e ata o 17 de febreiro serán telemáticas.
  • Mantéñense as clases presenciais no resto de niveis de ensino.
  • Peche do comercio non esencial ás 18 horas e do esencial ás 21.30 horas.
  • Peche dos centros comerciais nas fins de semana.
  • Facilitar o teletraballo.

A transmisión descontrolada do coronavirus avanza “momentos moi duros” en Galicia

A decisión tómase no día no que Galicia acada o máximo de hospitalizacións, mesmo por riba do cumio da primeira onda, con 1154 persoas ingresadas (993 en unidades de hospitalización e 161 nas UCIs). O incremento da transmisión constátase tamén no número de falecementos, que supera desde hai máis dunha semana a decena e ascende xa a 1622 persoas desde o comezo da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica