A transmisión descontrolada do coronavirus avanza “momentos moi duros” en Galicia

A Xunta decreta a suspensión de boa parte da actividade non esencial e recomenda o "autoconfinamento" á cidadanía durante as vindeiras semanas

É un escenario que poucos dos cálculos máis pesimistas apuntarían hai máis de 10 meses, cando se decretou o primeiro estado de alarma e millóns de persoas se viron recluídas nas súas vivendas para conter a transmisión do coronavirus SARS-CoV-2. Galicia acadou este luns os peores rexistros de hospitalizacións por Covid-19, e é probable que se sigan superando durante días, a medida que se agrava o estado dalgunhas das infeccións máis recentes. Serán, segundo avanzou o presidente da Xunta “momentos moi duros”, que levan a tomar medidas, despois de “cifras de contaxio inéditas” que levan a medidas destinadas a “salvar todas as vidas que se poidan”.

As medidas

🗓️ Un decreto que se publicará este martes no Diario Oficial de Galicia detallará todas as medidas, que entrarán en vigor na medianoite do 26 ao 27 de xaneiro, e manteranse, en principio, ata o 17 de febreiro.

Publicidade

🔒 Peche perimetral dos 313 concellos. Só se poderá saír e entrar de cada un por causas xustificadas, como o traballo, acudir ao médico ou a un centro docente.

🏠 Reunións limitadas a conviventes (agás no traballo e no coidado de maiores ou menores).

Publicidade

☕️🍴 Peche da hostalaría, agás para a recollida de pedidos e a entrega a domicilio e para os comedores no ámbito laboral.

🏬 Mantense aberto ata as 21.30h o comercio esencial (supermercados, farmacias, talleres de vehículos, etc) , e o comercio non esencial deberá pechar ás 18 horas. Os centros comerciais pecharán as fins de semana.

🚴‍♂️Limitación do deporte á práctica individual ao aire libre e exclusivamente no propio concello, o que conleva o peche dos ximnasios e outros establecementos interiores destinados a esta actividade. As competicións de ámbito autonómico quedan suspendidas e mantéñense as estatais e internacionais.

😷 O uso de máscara será obrigatorio en todo momento, tamén para o deporte ao aire libre.

🌖 Confinamento nocturno de 22 a 6 horas, aínda que se recomenda na medida do posible adiantalo ás 20 horas.

📚 Mantense a actividade docente nos centros educativos, agás na universidade, onde as clases (agora interrompidas polos exames) comezarán de forma telemática o 8 de febreiro, e de forma presencial a partir do 17.

🏫Peche dos centros sociais, clubes de xubilados ou fogares da terceira idade e suspensión da actividade de museos, bibliotecas ou calquera outro establecemento cultural ou de espectáculos.

🏥 No caso da sanidade, seguirán interrompidas as visitas aos enfermos, salvo nos casos en que o precisen por razóns de dependencia ou coidado de menores.

A Xunta establece o nivel máximo de restricións en toda Galicia

Retraso e erros nas decisións

As medidas entrarán en vigor na medianoite do martes ao mércores, a pesar de que a elevada transmisión do SARS-CoV-2 derivada do Nadal xa se constata desde hai arredor de dúas semanas. Nun primeiro momento, as restricións avanzadas este luns cinguíronse aos concellos de Arteixo, Xinzo de Limia e Viveiro. Mentres medraban a gran velocidade as cifras de novos casos e os ingresos hospitalarios, a Xunta decidiu adiar a este luns as novas decisións, a pesar das peticións de profesionais sanitarios para responder á elevada carga asistencial.

Do mesmo xeito, foron numerosas as críticas á decisión de levantar as restricións de mobilidade durante as festividades do Nadal, o que segundo a meirande parte dos expertos tivo unha repercusión directa, xunto a outros factores, na rápida expansión da terceira onda.

Petición de “autoconfinamento”

Aínda que as medidas permitirán saír á cidadanía á rúa para pasear durante o día, o presidente da Xunta de Galicia pediu que os galegos e galegas apliquen “de facto a medida do autoconfinamento, xa que é a máis segura e a que pode parar esta deriva de contaxios e de ocupación hospitalaria”.

Á espera dos datos do comezo da semana, este domingo a ocupación por mor da Covid-19 achegábase ás 1.200 persoas nos hospitais. A carga asistencial é moi elevada no CHUAC da Coruña, con 248 persoas hospitalizadas e 36 nas UCIs, Ferrol (131 e 23), Santiago (120 e 32) e Ourense (134 e 12).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas