Comeza a recollida de plasma nos hospitais galegos para tratar a Covid-19

Os doantes xa superaron a doenza e os seus anticorpos serán usados nun estudo experimental que xa deu resultados prometedores en ensaios en China

Os hospitais galegos xa comezaron a recoller plasma de pacientes curados da Covid-19 para que poida ser usado de xeito experimental como tratamento para infectados con coronavirus.

Vigo foi a primeira cidade onde comezaron as extraccións, que se coordinan entre o Sergas e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS). Na fase inicial, os pacientes foron seleccionados polo servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Unha vez elixidos, no local de doazón de ADOS da cidade olívica iniciaron a e extracción do plasma a través do proceso de aférese, un sistema que permite a extracción selectiva dos compoñente sanguíneos.

Publicidade

Na aférese tómase un pequeno volume de sangue, sepárase o elemento necesario e restitúense o resto de compoñentes ó doador. O volume extraído é inferior ó 13% do volume total de sangue do doador.  O plasma recupérase no intre da doazón, inxerindo unha axeitada cantidade de líquidos, mentres que as plaquetas se recuperan ás 48 horas.

Carmen Albo: “O uso de plasma podería evitar o ingreso do paciente na UCI”

Os doantes foron seleccionados co criterio de ter un diagnóstico de Covid-19 documentado por proba de laboratorio, cun bo estado de saúde e que pasasen catorce días desde ter evidencia PCR negativa e recuperación total. Ademais, os doantes deben asinar un consentimento informado para formar parte deste estudo clínico.

Publicidade

As mostras procesadas en ADOS serán criopreservadas, cun almacenamento a -30 graos e terán unha vida útil de ata dous anos. O seu uso será exclusivo para a investigación en pacientes con confirmación COVID-19. Está previsto que cada paciente doe 600 mililitros de plasma, que serían dabondo para tratar a dúas persoas.

Tratamento con plasma: unha esperanza para os casos graves de Covid-19

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro