As noites con temperatura tropical incrementan a mortalidade no sur de Europa

Un estudo no que participa a USC detecta que as noites calorosas incrementaron a mortalidade entre 2001 e 2014 en máis dun 10% en Madrid, Bilbao ou Sevilla

A calor nocturna excesiva e a duración das noites con elevadas temperaturas constitúen unha causa directa de mortalidade. E semella que o limiar das que se consideran como noites tropicais, nas que as temperaturas non baixan de 20ºC, marca unha notable diferenza. Así o expón un estudo coordinado polo investigador da USC Dominic Royé, no que por vez primeira se aborda o influxo destas variables na mortalidade do sur de Europa. A investigación recolle datos de once cidades situadas en España, Portugal, Francia e Italia. No caso español, o estudo detecta que entre os anos 2001 e 2014, as elevadas temperaturas nocturnas incrementaron a mortalidade nun 26% en Madrid; un 14%, en Bilbao; un 13 %, en Sevilla; e un 6%, en Barcelona.

“O impacto da contorna térmica sobre a saúde, a calidade de vida e o rendemento das persoas é un dos problemas de saúde pública vinculados ao cambio climático global, máis delicado”, explica Dominic Royé. As altas temperaturas nocturnas poden producir “estrés térmico prolongado”, o que se ve agravado “ao impedir que o corpo humano descanse durante a noite”, engade. Os aspectos nos que máis inciden as noites calorosas son o sono e o descanso. “A calor pode provocar alteración e privación do sono debido aos procesos necesarios de termorregulación”, sinala Royé.

Publicidade

O estudo atopou evidencias de que a mortalidade diaria está asociada a temperaturas nocturnas calorosas que superan os 20ºC e, en menor medida, á duración desas noites calorosas en todos os países analizados. “É importante resaltar que o efecto nocturno sobre a mortalidade é independente das temperaturas diúrnas”, explican os investigadores. En concreto, demostrouse que os valores altos de noite calorosa están asociados a un aumento da mortalidade por causa específica.

O maior risco observouse en Portugal cun aumento da mortalidade do 37% en noites de excesiva temperatura, mentres que o menor risco prodúcese en Francia cun 12%. Os investigadores detectaron un incremento do 17% en cidades como Niza e do 19%, en Toulouse. Os resultados relativos ao influxo da duración da noite calorosa revelaron que só Portugal incrementa o risco de mortalidade nun 29%. Non obstante, a variable da duración incrementou a mortalidade nun 7%, en Roma; nun 8%, en Barcelona; e nun 12%, en Madrid.

Publicidade

Os resultados deste estudo proporcionan unha mellor comprensión da saúde nocturna e poden axudar a mellorar os sistemas de alerta de vaga de calor a nivel da poboación, ademais de considerar factores de risco individuais.


Referencia: Effects of Hot Nights on Mortality in Southern Europe (Publicado en Epidemiology).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas