A vacinación en cada concello: así avanza a inmunización en Galicia

Sanidade achega a porcentaxe de persoas xa vacinadas por municipio en atención ao número de persoas con tarxeta sanitaria do Sergas

O pasado venres, segundo informou o Ministerio de Sanidad, o 80% da poboación diana en Galicia (isto é, as persoas maiores de 12 anos) xa recibira a pauta completa dalgunha das vacinas dispoñibles contra a Covid-19. Esta cifra supón preto do 73% do conxunto da poboación. O avance da campaña permitiu ao Sergas abrir a autocita para que as persoas aínda non vacinadas poidan solicitar data e hora para recibir a súa dose. E esta fin de semana, a Consellería achegou tamén o mapa municipal que amosa a porcentaxe de poboación xa inmunizada contra a Covid-19 en cada concello galego.

As cifras correspóndense á proporción de xente vacinada con pauta completa respecto ao total de persoas con tarxeta do Sergas en cada concello. A meirande parte dos concellos (228) teñen unha porcentaxe por riba do 80% da poboación vacinada ao completo. Os datos reflicten, deste xeito, a resposta da poboación fronte á vacinación, o que garante un maior control do SARS-CoV-2 e, deste xeito, conseguir evitar máis casos graves e falecementos

Publicidade

Nove municipios galegos (Vilar de Barrio, Montederramo, Baleira, Abadín, Larouco, Sobrado, Sarreaus, Vilardevós e Beade) superan o 90% de inmunización. Na outra banda, apenas catro concellos (A Lama, Beariz, Avión e Negueira de Muñiz) están por baixo do 70% da poboación diana xa vacinada ao completo.

En canto ás sete cidades, todas están por riba do 75% de cobertura. As cifras van desde o 75,6% de Vigo ao 81,02% de Santiago, pasando por Pontevedra (77,41%), A Coruña (78,01%), Ourense (80%), Lugo (80,33%) e Ferrol (80,56%).

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona