Sanidade abre a autocita para todas as persoas aínda non vacinadas

Unha vez superado o 70% da poboación vacinada con pauta completa nas persoas maiores de 30 anos, a campaña de inmunización contra o coronavirus en Galicia afronta unha nova etapa, co obxectivo de estender a cobertura a toda a poboación diana (maior de 12 anos) na que  están autorizadas as fórmulas aprobadas pola Axencia Europea do Medicamento. Así, tal e como anunciou este venres o conselleiro de Sanidade, desde a tarde deste venres todas as persoas aínda non vacinadas en Galicia poderán solicitar a autocita.

Así, coa tarxeta sanitaria, e a través da web ou a aplicación móbil do Sergas, calquera cidadán poderá escoller data e hora para recibir a súa dose. Segundo apunta Sanidade, “os primeiros ocos dispoñibles serán para a mocidade entre 12 e 19 anos, con 15.000 citas habilitadas para o luns día 30 e outras 10.000 para o martes 31“. O venres 3, engade a Xunta, “vacinarase a poboación de maiores de 20 anos, tantas persoas como sexa posible en función das doses que se reciban” e “a partires de aí, a autocita é aberta para toda a poboación”.

Publicidade

O anuncio chega no día no que a campaña de vacinación superou en Galicia os catro millóns de doses administradas desde o pasado 27 de decembro. O 72% da poboación ten a pauta completa, e outro 9% recibiu, polo menos, unha das doses. Nos últimos días, o esforzo sanitario, ademais das ‘repescas’ entre xente que non acudiu cando foi citada en primeiro termo, estase a central nas persoas maiores de 30 anos, cunha cobertura menor, e nas que se centraron boa parte das infeccións da última vaga da pandemia.

Neste sentido, Sanidade destacou a ampla resposta da poboación á vacinación, con coberturas do 100% no grupo de 80 anos e maiores, do 99,7%  no de 79-70 anos,  e do 97,6% no de 60-69 anosas porcentaxes son do 94,2 % no grupo de 50-59 anos, 88,5% no de 40-49 anos e do 70,4 % do de 30 a 39 anos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Galicia amplía ata os 25 anos a vacinación en varóns contra o virus do papiloma humano

A medida impulsada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, que entrará en vigor o 25 de maio, consistirá na administración dunha soa dose

Máis de 50.000 galegos participaron nun ensaio para avaliar a vacina contra o virus sincitial

Sanidade analizará os datos achegados durante a campaña Sincigal para medir a súa efectividade na redución de hospitaliacións

Os casos de mpox en Galicia aumentan ata as 12 infeccións

Os afectados son homes cunha idade de entre 35 e 65 anos, coa maioría dos contaxios na provincia da Coruña