A sanidade pública galega é pioneira en tratar con terapia xénica a hemofilia B

A Xunta investiu 15,6 millóns de euros para a aplicación do Etranacogen Dezaparvovec, a única opción para curar a enfermidade

A sanidade pública galega converteuse este mércores na primeira de todo o país en administrar, en Vigo, a terapia xénica para o innovador tratamento da hemofilia B a un paciente. Ocorreu no Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo tras a decisión da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia de incluír este tratamento na prestación farmacéutica.

O Etranacogen Dezaparvovec, que é o nome deste medicamento, está destinado á abordaxe do trastorno de coagulación sanguínea hereditaria (hemofilia B ou HB) con terapia xénica. Está considerada unha enfermidade rara ou pouco frecuente, xa que ten unha incidencia de 5 casos por cada 100.000 varóns. É de transmisión xenética e está ligada ao cromosoma X. Concretamente, causado pola carencia ou déficit do factor IX. Malia que esta enfermidade se pode observar en mulleres, a inmensa maioría dos afectados son varóns.

Publicidade

Oito galegos susceptibles de tratamento

Galicia conta con 51 pacientes diagnosticados con hemofilia B, dos cales 37 son homes e 14 son mulleres. De todos os casos, este tratamento está restrinxido a aqueles pacientes cunha situación grave e moderadamente grave para aquelas persoas sen antecedentes do factor IX. Ademais, antes teñen que estar baixo tratamento profiláctico estable con factor IX recombinante de vida estendida durante, polo menos, dous anos. Tras iso, tense que comprobar que os niveis de anticorpos neutralizantes anticáspide están por debaixo dos establecidos.

Desde a Consellería de Sanidade estiman que co investimento realizado poderán beneficiarse oito pacientes que son susceptibles de terapia xénica. Para iso, deberá comprobarse que todos eles acadan os requisitos recollidos a través do protocolo farmacoclínico do Etranacogen Dezaparvovec.

Publicidade

Para este tratamento que se inicia este mércores por primeira vez no conxunto do país, a Xunta investiu 15,6 millóns de euros. Trátase do único tratamento eficaz ata o momento para curar a enfermidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla