A IA predí como será a vida dos pacientes de esclerose múltiple dentro de 10 anos

Investigadores galegos empregan as resonancias magnéticas dos pacientes para prognosticar a evolución da enfermidade autoinmune cunha certeza do 90 %

A esclerose múltiple é unha das enfermidades con maior prevalencia en Galicia e cun aumento a nivel mundial. Co fin de predicir a evolución dos pacientes e mellorar a súa calidade de vida, o grupo de Investigación Traslacional en Enfermidades Neurolóxicas (ITEN) do IDIS e o IIS Galicia Sur colaboran nun estudo no cal investigan esta enfermidade mediante intelixencia artificial. Os resultados publícanse na revista científica Plos One.

A través de datos da primeira resonancia magnética de pacientes con EM extraídos do Servizo de Neuroloxía de Hospital Clínico de Santiago de Compostela, o programa emprega intelixencia artificial para predicir a evolución destes doentes a 10 anos dunha maneira moi precisa, cunha certeza de case o 90 %. A investigación analizou en total 446 rexistros de afectados con, polo menos, un ano de seguimento. 

Publicidade

Este modelo de aprendizaxe automática predí a progresión da discapacidade en pacientes con EM utilizando datos de resonancia magnética basal ou inicial (MRI) e avaliacións clínicas usando a escala ampliada do estado de discapacidade. Silvia Campanioni, primeira autora do estudo, explica: “O traballo propón novos modelos para describir a evolución dos pacientes con programas de IA que prognostican as súas traxectorias usando estes descritores, e ademais, ofrécenos unha idea de que factores contribúen á devandita progresión, como a idade de debut ou as lesións”.

Deste xeito, a investigación permitirá optimizar a posoloxía dos tratamentos de esclerose múltiple, en canto a dose e duración do tratamento, así como optimizar a súa aplicación en función do perfil de cada doente ou tratamentos.

Publicidade

Silvia Campanioni, César Veiga, Roberto Agís e José María Prieto, autores do traballo. IDIS

A idade de debut e as lesións, claves na evolución

En canto aos resultados a destacar, o estudo identificou que a idade de debut é unha das características máis influentes para os modelos regresores desenvoltos. Ademais, o número de lesións cerebrais maiores ou iguais a 9 na resonancia magnética inicial emerxeu como a variable máis influente nas decisións do modelo clasificador.

“O traballo ten un impacto significativo, non só en termos científico-técnicos, senón tamén nun aspecto económico e social, polas súas implicacións na saúde, na calidade de vida e na cooperación ao desenvolvemento”, sinala o investigador do IDIS, Roberto Agís, último autor do proxecto: “Poderiamos obter evidencia obxectiva e indicadores sobre as intervencións de prevención, que axudarán a predicir a eficacia terapéutica dos tratamentos”.

Esclerose e intelixencia artificial

A esclerose múltiple (EM) é unha enfermidade inflamatoria e neurodexenerativa crónica que provoca desmielinización e acumulación de discapacidade a longo prazo. A activación autorreactiva da inmunidade adaptativa ten un papel protagonista na EM. Aínda que se descoñece a causa que desencadea a enfermidade, todo apunta a unha interacción entre xenes e factores de risco ambientais, virais e de estilo de vida. O atlas de EM 2020 amosa que existen ao redor de 3.800 pacientes diagnosticados en Galicia e 55.000 en España, cunha prevalencia do 75% en mulleres e unha idade media de diagnóstico de 32 anos.

Segundo os datos obtidos polo equipo investigador, o estudo con intelixencia artificial (IA) é capaz de proporcionar ferramentas versátiles e poderosas para o tratamento da EM. Segundo César Viega: “As tecnoloxías de IA como a aprendizaxe profunda e á aprendizaxe automática poderían apoiar a integración de factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais ao abordar a prevención, o diagnóstico e o tratamento da EM, e incluso de outras enfermidades”.

A toma de decisións terapéuticas na EM segue baseándose na integración das mesmas variables demográficas, clínicas, paraclínicas dos pacientes de hai anos, como as imaxes de resonancia e a presenza de bandas oligoclonais. “Aínda existen moitos desafíos abertos neste ámbito e as melloras proveñen de varias liñas de converxencia, como, por exemplo, a integración de conxuntos de datos que poden mellorar a personalización e a capacidade preditiva dos algoritmos de IA no coidado da saúde”, sinala o líder do grupo ITEN do IDIS, Jose María Prieto. 

Referencia: Explainable machine learning on baseline MRI predicts multiple sclerosis trajectory descriptors (Publicado en Plos One)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas