Tradición, comparsas e disfraces: así celebraba Galicia o Entroido no século pasado

O arquivo fotográfico das institucións galegas permite unha volta ao pasado para desfrutar destes históricos festexos

O Entroido é o período que precede a Coresma durante o que se celebran festas populares con máscaras, comparsas ou bailes. En Galicia contamos con numerosas tradicións ligadas a estes festexos cheos de diversión, sátira e certo descontrol. Dende os peliqueiros de Laza, os xenerais do Ulla ou as Damas e Galáns de Cobres —entre outros moitos— numerosos son os antroidos que marabillan a miles de persoas cada ano coa súa tradición e historia. Pero, como celebraban os galegos estas festas no século pasado?

Navegando polo arquivo fotográfico de diferentes institucións galegas poderemos atopar imaxes históricas. Estas reflicten instantes nos que se poden apreciar: personaxes icónicas como Teucro e Urco do Entroido de Pontevedra de 1900, nenos dos anos corenta disfrazados ao estilo do século XIX en Lugo, peliqueiros de Laza a comezos do século XX ou a sociedade coruñesa celebrando un Entroido “refinado” en 1916.

Publicidade

En contra do Entroido tradicional

Sobre este último feito, unha galería do arquivo da Real Academia Galega (RAG) mostra a celebración dun desfile carnavalesco de 1916 na Coruña. A colección, que pertence ao fondo persoal de Manuel Casás, mostra as carrozas circulando en precesión polos Cantóns e os xardíns Méndez Núñez e a numerosas persoas disfrazadas. Todo isto, nun contexto no que se loitaba contra o Entroido tradicional e se encamiñaba a privilexiar un festexo refinado. As imaxes foron tomadas por Pedro Ferrer (1870-1939).

Peliqueiros de Laza no século XX

Dentro do triángulo máxico do Antroido ourensán pódese destacar o de Laza e os seus peliqueiros. Tanto o Arquivo Provincial de Ourense como o Museo do Pobo Galego ofrecen algunhas instantáneas de diferentes momentos do século XX. Nelas pódese apreciar as máscaras tradicionais destas personaxes e o seus comportamentos sobre as persoas ao seu redor.

Publicidade

Festas de Lugo e Pontevedra

Dentro dos arquivos provinciais de Lugo e Pontevedra pódese atopar fotografías que mostran os diferentes xeitos de disfrazarse da sociedade galega no século XX. Unha imaxe icónica é a realizada por Francisco Zagala —conservada no Museo de Pontevedra— onde se poden ver as personaxes de Teucro e Urco dunha das comparsas pontevedresas de 1900. Por outra banda, dentro da galería lucense, pódese apreciar os estilos de caracterización que tiña a sociedade galega nos anos corenta e nos sesenta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro