O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Sabías que Castelao, ademais de político, escritor, médico, debuxante e un dos pais do nacionalismo galego, tamén fixo os seus intentos como actor? O rianxeiro ten un pequeno papel no filme de ficción máis antigo de Galicia, Miss Ledyia, rodada en 1916 por José Gil. Esta será a cinta que porá o foco sobre a comunidade na 45ª edición de Le giornate del Cinema Muto, festival de referencia mundial na difusión do cine mudo, onde o territorio será representado pola Filmoteca de Galicia. Para conmemorar a orixe do cine, o vindeiro 7 de outubro proxectarase a curtametraxe de 20 minutos no evento, celebrado na cidade italiana de Pordenone.

A película narra a chegada a Pontevedra da señorita Ledyia Katson e o seu tío millonario procedente de Estados Unidos, así como a súa estancia na Illa da Toxa. Alí é onde se atopan cos reis de Suavia, que están de incógnito e vense amenazados pola chegada dun anarquista, que pretende realizar un atentado. Esta é unha clara referencia ao atentado de Saraxevo que desencadeou a Primeira Guerra Mundial.

Publicidade

Pero, como aparece Alfonso Daniel Rodríguez Castelao? Ten un pequeno papel e interpreta un pastor protestante. A súa intervención, ademais da historia da cinta, faina unha das fitas atesouradas pola Filmoteca de Galicia, que actúa como principal centro garante da memoria audiovisual galega a través da preservación e difusión do patrimonio fílmico.

Unha das únicas secuencias de ‘Miss Ledyia’ onde aparece Castelao. Vídeo: AGADIC / Filmoteca de Galicia

O papel de Galicia na xornada italiana

Miss Ledyia intégrase xunto a outras 62 obras cinematográficas dedicadas ás orixes do cine en España, consensuada entre todas as filmotecas participantes —como Filmoteca Valenciana, Arxiu del So i de la Imatge de Mallorca ou Euskadiko Filmategia/Filmoteca Vasca— coa fin de ofrecer un percorrido polo período comprendido entre 1896 e 1916 dende unha ampla perspectiva territorial e temática.

Publicidade

Na actualidade, a Filmoteca de Galicia conserva arredor de 15.500 copias de materiais cinematográficos (unhas 3.500 películas) e videográficos (máis de 12.000 fitas) con títulos que datan dende 1913. Ademais, garda unha ampla colección de carteis cinematográficos que acada as 11.000 unidades e un fondo fotográfico con máis de 60.000 rexistros.

Unha das únicas secuencias de ‘Miss Ledyia’ onde aparece Castelao. Vídeo: AGADIC / Filmoteca de Galicia
Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura