Publicidade
Sábado 15 Marzo 2025
Publicidade

E se María Pita non tivera existido? Un estudo analiza a historia alternativa de Galicia

A profesora da Universidade de Vigo Rosa Ricoy presenta as súas conclusións sobre un presente sen a heroína coruñesa na Conferencia Internacional WhatIf

Que pasaría se a Alemaña nazi tivese gañado a Segunda Guerra Mundial? E se Colón non tivese chegado a América? E se María Pita non tivera existido? A historia alternativa é aquela que narra o que non foi, pero puido ser, e as súas consecuencias. A Universidade de Vigo (UVigo) acollerá o 26 e 27 de marzo a Conferencia Internacional de Historia Mundial WhatIf 24/25, na que participarán especialistas deste eido da península. “Se a heroína galega non tivese collido as armas en 1589, Inglaterra tería colonizado España e Portugal”, detalla a organizadora do congreso e profesora contratada doutora de Ciencia Política da UVigo, Rosa Ricoy.

A historia alternativa refírese a “aquela que conta as diferentes posibilidades que un mesmo feito histórico poder ter, pero tamén poder ser unha reinterpretación de fitos comunmente aceptados”, explica a doutora, que está especializada en Historia. Como exemplo expón a ucronía —xénero literario de ficción especulativo referido a un tempo inexistente— O home no castelo, de Philip K. Dick, que narra como sería Estados Unidos 15 anos despois de que as forzas do Eixe gañaran a Segunda Guerra Mundial.

Publicidade

Historia de María Pita

Deste xeito, “partindo de rigor académico”, a doutora está a realizar un traballo que tentar responder a pregunta de”que pasaría se María Pita non existira”. Pero para entender isto, primeiro é esencial establecer o feito real. No ano 1589, un ano despois da derrota da Armada Invencible, o corsario Francis Drake recibe a orde da Reina Isabel de Inglaterra de destruír os restos da frota española que se refuxiara en portos como o da Coruña. O 14 de maio dese ano os ingleses derribaron os muros da cidade herculina.

A doutra de Ciencia Política da UVigo, Rosa Ricoy.

“María Pita acababa de enviuvar do seu segundo marido, un militar que se chamaba Gregorio Rocamonde, que precisamente caeu nese enfrontamento. Segundo contan, colleu a espada do seu defunto home e matou un dos dirixentes do asedio, o irmán de Francis Drake. Esta cuestión desmoralizou a tropa inglesa e provocou a súa retirada. A tradición di que este feito levouse a cabo ao grito de ‘quen teña honra, que me siga’. Máis aló de se é verdade ou non esta frase, o que si é certo é que a súa acción conseguiu espertar os ánimos dos coruñeses para que levantase as súas armas contra os ingleses, que remataron fuxindo de Galicia”, explica a Ricoy.

España e Portugal serían Inglaterra

Coñecida a historia real, a doutora establece a hipótese dun presente sen a figura histórica de María Pita, e establece unha serie de consecuencias na historia da península en base a este feito. “Sen a nosa heroína galega, a raíña de Inglaterra vence e coloniza, desde Galicia, España e Portugal. Todo isto baseándome en que tivera a audacia necesaria para aproveitar a vantaxe estratéxica obtida sobre España e así tamén obter Lisboa”, relata. Do mesmo xeito, “Inglaterra chega a tomar as Azores e captura a Frota de Indias. Isto era importante porque viña cargada de convois enormes e diñeiro, o que permitía un pouco máis de peso para que se puidesen armar mellor”, detalla.

Así, este traballo, “que aínda non ten punto e final”, vai establecendo a través de investigación académica os sucesos que poderían ter acontecido e que levarían á desaparición de España e Portugal segundo a hipótese da doutora en Ciencia Política. “Desta grande historia poderían derivarse moitas outras, entre elas, a da propia Isabel I de Inglaterra, que tivo unha vida chea de coraxe e importancia”.

Congreso internacional na UVigo

Este traballo no se que busca “pór en valor o papel das mulleres na historia”, expoñerase na conferencia de Vigo, que terá lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade. Organizado por Ricoy xunto coa investigadora da Universidade do Porto Ana da Silveira Moura, o evento contará cun espazo para conmemorar o 8M con varias mesas e palestras con perspectiva de xénero e historia alternativa, entre outras actividades.

O congreso, que ten de lema principal ‘Enciclopedias creativas e colaborativas’, forma parte do proxecto europeo Hypothesis You Preserve, do que forman parte a UVigo, a Universidade de Porto e a École Pratique des Hautes Études de París. O seu obxectivo é xerar sinerxías entre a escritura creativa, a historia alternativa e os produtos académicos para “desenvolver a empatía transnacional e o interese pola memoria e cultura europeas”.

Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

1 comentario

  1. En fin…
    E se minha nai tivese rodas sería un John Deere.
    Isto non é historia…
    É divagar…
    Fabular…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Vigo crea un método para identificar con precisión raias e quimeras

A ferramenta permitirá comprender a bioxeografía das especies e contribuirá a mellorar a xestión sostible dos recursos pesqueiros

As asombrosas imaxes de falsos percebes adheridos a unha lámpada e á coiraza dunha tartaruga

A Coordinadora para os Estudos dos Mamíferos Mariños retirou 59 cirrípedos do animal, que apareceu nunha praia de Fisterra

Do Galiñeiro a Ourense: os xacementos que fan de Galicia unha posible potencia en terras raras

O xeólogo Pablo Nuñez enumera as diferentes zonas da comunidade que poden albergar elementos esenciais para a industria tecnolóxica

ChatPEC: a iniciativa con selo galego que usa o sarcasmo para concienciar sobre o clima

A ferramenta en liña responde con reprimendas humorísticas para mentalizar ao público do impacto ambiental que ten a intelixencia artificial