Venres 19 Abril 2024

Descobren que a tumba onde buscan a orixe galega de Colón foi lugar de peregrinación

Este venres, os arqueólogos faran a primeira proba de mobilidade para abrir o sarcófago de Xohán Mariño de Soutomaior o próximo luns

A Asociación Colón Galego segue a engrosar a cultura patrimonial de Galicia. A apenas catro días de abrir o sarcófago onde está soterrado Asociación Colón Galego Celso García de la Riega, Xohán Mariño de Soutomaior (segundo a teoría galega, é un suposto parente do almirante), este equipo de arqueólogos e historiadores vén de dar cun novo achado: a tumba ubicada na igrexa de San Martiño de Sobrán, en Vilaxoán, foi un histórico lugar de peregrinación entre finais do século XIX e comezos do XX. Grande parte do mérito ten que ver co asesoramento da doutora en Historia Medieval iglesia de San Martiño de Sobrán, Vilaxoán Alicia Padín Buceta. Padín e o equipo de Eduardo Esteban, coordinador dos traballos e presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego, atoparon a proba, maila teren a referencia moito antes. A “proba definitiva” é, segundo explican, un cadro que fixo Carlos Sobrino (coñecido pintor documentalista pontevedrés).

O sepulcro milagreiro | Carlos Sobrino

Nas súas pinturas, Sobrino foi facendo acopio de moitas tradicións galegas. De moitas romerías, de moitos dólmenes, de petroglifos… Entre todos eses cadros asinados polo pintor pontevedrés, pódese observar a unhas penitentes galegas rezando ante o que Sobrino define como “tumba milagreira”.

Publicidade

“Ese lugar tíñase como lugar de culto e peregrinación. Mais perdeuse, igual que outras moitas romarías que hai en Galicia. Ninguén nos falara dela. Foi grazas a mergullarnos nos arquivos e na documentación onde atopamos esa referencia”, explica Esteban. E fai un matiz: “É curioso porque se tiña un pouco oculto, xa que non é un santo ao que se venera. Tratábase dun arcediano, que ten atribucións de bispo, pero sen ser eclesiástico. É moi curioso”. De feito, na tumba, Mariño está soterrado sobre unha tumba con atributos de bispo.

“Isto xa non se trata de atopar o ADN ou non. O importante para nós non é só seguir a divulgar a teoría de que Colón era galego en base a unha documentación moi sólida, senón dar a coñecer todo o noso patrimonio, as nosas crenzas, a nosa cultura”, sostén Esteban. De feito, a razón de térense desprazado a Vilaxoán e non a unha tumba de, por exemplo, Tui ou Pontevedra (onde hai sepultados moitos Soutomaior) foi pola encomenda do seu linaxe a fundar o porto e a vila de VIlaxoán. A idea, explica Esteban, era írense achegando a Santiago de Compostela xa que os Soutomaior tiñan bastante controlado o sur de Galicia.

Andamiaxe para o levantamento da tapa do sepulcro de Xohán Mariño | Eduardo Esteban

O proceso de apertura do sepulcro

O proceso de apertura do sepulcro de Xohán Mariño de Soutomaior baseáse na utilización dun dobre polipasto. Trátase dunha máquina composta por dúas poleas e unha cadea que alternativamente vai pasando polas diversas gargantas de cada unha daquelas. Permiten levantar unha carga exercendo unha forza menor ao peso que hai que desprazar. De feito, neste caso trátase dunha pedra de polo menos 1.800 kilos. O uso das poleas minimiza o esforzo requirido para mover a carga e garante o correcto levantamento. Unha vai na cabeza da tapa e outra nos pés para intentar que a subida sexa perfectamente vertical sen que bascule. Máis que o aparello en si, que se emprega habitualmente en obradoiros, onde estivo a complexidade desta operación é na montaxe dos andamios que o sosteñen, principalmente polo pouco espazo na igrexa e polo grande peso a soportar. Este venres, os arqueólogos faran a primeira proba de mobilidade para abrir o sarcófago de Xohán Mariño de Soutomaior o próximo luns.

O nacemento da teoría galega

A tese galega naceu en 1898 da man do historiador Celso García de la Riega, que tamén dá nome á Asociación Cristobal Colón Galego. O escritor argumentou en Madrid que Colón non podía ser xenovés. Despois, co paso dos anos, fóronse sumando motivos de defensa á orixe galega do almirante. Un dos piares sobre os que se sustenta a tese é, por exemplo, que os topónimos pontevedreses que aparecen nas costas americanas. “Moitos aparecen na mesma secuencia na que os podemos atopar na ría de Pontevedra e incluso algúns teñen a mesma forma física”, asegura Esteban. O presidente da asociación engade que todos estes topónimos son concéntricos á suposta casa natal de Colón en Poio. “Van desaparecendo a medida que te vas separando. En América hai 50 topónimos da ría de Pontevedra, 35 da de Vigo, 30 da de Arousa… De todas as costas, pero da que máis hai é da primeira”, argumenta.

Outro dos piares nos que se sustenta a teoría é a lingua que empregaba Colón nos seus escritos. “As cartas gardan poucos segredos. Hai adaptacións, palabras e xiros propios da lingua galega“, recalca o coordinador dos traballos. E insiste, tamén, na parte documental ao enfatizar que o apelido Colón xa existía en Galicia antes do descubrimento de América. Segundo Esteban, isto non o pode probar ningunha outra das teorías existentes. Indica, de feito, que hai constatadas dúas inscricións en pedra que recollen o apelido: unha na base dun cruceiro xa desaparecido e outra na igrexa de Santa María A Maior. Ao parecer, os mareantes foron os que construíron a capela e, polo tanto, é probable que a familia Colón pertencese a este gremio. “Colón usou topónimos de Pontevedra para nomear rías e illotes, pero tamén usou os nomes de catro confrarías da zona. Iso significa que non só coñecía as nosas costas, senón que tiña moita información do día a día”, asegura Esteban, enfatizando as posibilidades de que o almirante fose galego.

1 comentario

  1. Por aqui, vários autores defendem que ele era português. Incontestado é que estava casado com uma portuguesa e vivia em Porto Santo, Madeira. Não sei se todos os autores acrescentam que além de português era judeu. E se era português bem podia ter ascendência galega.
    Independentemente, muitos anos antes de Colombo, os genoveses tiveram um papel relevante nas descobertas portuguesas. É no século XIV que os Açores e a Madeira aparecem nos mapas italianos com muitos dos nomes que ainda se conservam. isto é, 1 século antes da descoberta oficial das ilhas. E também há quem defenda que já nesse século se terá chegado à América. A descoberta de Colombo terá sido assim somente a descoberta oficial da América no quadro da partilha do mundo entre Portugal e Espanha que veio a ser formalizada com o TRatado de Tordesilhas. Do mesmo modo, a descoberta de Pedro Álvares Cabral foi só a descoberta oficial do Brasil…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os defensores da orixe galega de Colón investigan a súa relación cos Soutomaior por vía materna

Está previsto que os resultados das análises xenéticas da Universidade de Granada, que só analizan a liña paterna, se fagan públicos en xullo

O presidente de Colón Galego: “Estamos nun momento de expectación e responsabilidade”

Os ósos extraídos das exhumacións de Poio e de Vilaxoán chegan á Universidade de Granada. Eduardo Esteban fai unha repaso dos últimos avances da teoría galega

Os restos óseos galegos vencellados ao ADN de Colón parten cara Granada

Chegarán á facultade de Medicina da Universidade de Granada este xoves para que os reciba a antropóloga física Inmaculada Alemán

Un anaco de cráneo exhumado en Vilaxoán ten a clave da galeguidade de Colón

A antropóloga Inmaculada Alemán levarase para Granada restos óseos atopados na tumba de Xohan Mariño de Soutomaior para realizar a proba de ADN