Xosé Lois Penas: “A luz na ciencia pretende visibilizar as dificultades das mulleres na carreira científica”

O deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña defende as xornadas como ferramenta para superar as fendas de xénero na ciencia

As IV Xornadas A luz da ciencia deron comezo hoxe no Pazo de Mariñán tras a inauguración do deputado provincial de Patrimonio, Xosé Lois Penas. Esta iniciativa do departamento que dirixe na Deputación da Coruña pon o foco nesta cuarta edición na relación entre muller e ciencia, abordando cuestións como a perspectiva de xénero da ciencia nas aulas, na realidade laboral e no enfoque da comunicación científica.

Penas afirma que estas xornadas teñen un dobre motivo; por unha parte, crear vínculos entre a sociedade científica en xeral e, por outra, poñer luz no eido das dificultades que
se atopan as mulleres á hora de formarse, incorporarse ao mercado laboral e poder desenvolver unha carreira profesional de dedicación e investigación no campo da ciencia. “Para iso, isto ten que ser un foro de debate, un lugar de encontro de diferentes visións sobre o paraugas da ciencia, mais sobre todo ten que ser un espazo onde algunhas
das nosas mellores científicas nos expliquen as súas experiencias”, engade.

Publicidade

A perspectiva de xénero, transversal en todas as áreas

Penas salientou o privilexio de contar estes días no Pazo de Mariñán e no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (Muncyt) cunha parte importante de investigadoras, comunicadoras, docentes e técnicas que van “poñer algo de luz sobre a ciencia”. O deputado defendeu tamén que as administracións deben ter “un deber divulgativo, ao mesmo tempo que lexislativo na medida das suas competencias en materia de igualdade”.

Penas salientou o labor da área de Igualdade xestionada por María Muíño, e asegurou que “todas e cada unha das áreas da Deputación deben ter en conta a perspectiva de xénero”. E non só resolver as incoherencias a través de cotas, senón facelo a través da pedagoxía e da transversalidade enmarcadas nun cambio de paradigma

Publicidade

Relatorios

Mireia Colom e Susaina Figuera da Fundació catalana per a la recerca i la innovació levaron hoxe ao programa o relatorio Didáctica das ciencias experimentais no que se abordaron temas como a análise da didáctica das ciencias experimentais e a segregación nas formacións científicas, a educación CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), o tratamento da perspectiva de xénero e a ciencia nas aulas, a reflexión sobre a necesidade de fomentar a vocación científica e a importancia da visibilización das mulleres na ciencia e a procura de referentes.

Tamén interviron, vía streaming, Patricia Canut, Gemma Serra, Mari Luz Guenaga e Maria José Lodeiros. As xornadas continuarán mañá no Pazo da Mariñán ás 18 horas coa palestra Ciencia, investigación e xénero a cargo de María de la Fuente Freire, Elena Lendoiro Belío, Vanessa Valdiglesias García e Zulema Varela Río, todas da Rede galega de investigadoras. Rematarán o sábado no Muncyt ás 11.30 horas co relatorio Divulgación, comunicación científica e xénero a cargo de Maite Vence, de OBSERVER; Isa Loureiro, ilustradora, e Paula Otero Sánchez, divulgadora e científica do grupo de investigación xenomas e enfermidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade

Os chefs Iria Espinosa e Luís Veira representan ‘A paisaxe que sabe’ no Premio Cociñeiro/a Galego/a 2026

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destaca o "momento extraordinario" da cociña coruñesa polo seu produto, identidade e creatividade

A Coruña consolida o seu prestixio gastronómico na feira Salón Gourmets

A Deputación valora a súa participación no evento celebrado en Madrid cun balance "moi positivo" e a sensación de deixar a restauración coruñesa na mira internacional

Descubertas dúas especies de cogomelos inéditas en Galicia

Un estudo da Federación Galega de Micoloxía e impulsado pola Deputación da Coruña identifica os exemplares no Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo