Unha potente borrasca atlántica pon Galicia en alerta por fortes ventos e intensas chuvias na fin de semana

O venres situarase un sistema de baixas presións ao oeste de Galicia que deixará aviso amarelo por refachos de máis de 80 km/h na montaña

Acabou o Entroido e o tempo primaveral en Galicia. Após unhas xornadas con ceos despexados e temperaturas que rozaron os 20 graos de máximas nalgunhas zonas da comunidade, as chuvias volven este mércores para quedar. Unha profunda borrasca afectará ao territorio a partir do venres e deixará precipitacións intensas e fortes ventos. Por este motivo, acábase de activar unha alerta amarela por refachos que superarán os 80 km/h nas montañas lucenses e ourensás.

Durante este mércores e xoves Galicia mantense na influencia dun sistema de aire frío en altura. As nubes irán medrando ao longo do día e, durante as dúas próximas xornadas, “haberá chuvascos con treboada con maior probabilidade no interior e na metade sur da comunidade”, aseguran fontes de Meteogalicia. Pola súa banda, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) predí que os trebóns deste 5 de marzo terán lugar nos concellos das Rías Baixas de cara á noite.

Publicidade

Con respecto ao xoves, a inestabilidade atmosférica deixará chuvascos xeneralizados pola tarde e localmente treboentos. As temperaturas rozarán os 19 graos de máximas en Ourense, mentres que en zonas como Santiago non superarán os 15 graos. As mínimas ascenderán lixeiramente e os ventos de compoñente sur soprarán frouxos en xeral.

Alerta amerala por vento

De cara ao venres Galicia estará afectada por unha borrasca situada ao oeste do territorio. Segundo as predicións de Meteogalicia, a partir desta xornada agárdanse chuvias intensas na maior parte da comunidade, especialmente de cara á noite.

Publicidade

Os ventos soprarán forte no litoral e na montaña, superando os 80 km/h. Por este motivo a Aemet vén de activar unha alerta amarela por refachos nas comarcas ourensás de Valdeorras, Terra de Tribes e Viana e nas lucenses de Quiroga, Os Ancares e Fonsagrada. Tamén a Costa da Morte e as Rías Baixas están afectadas por este aviso.

Esta borrasca profunda, que aínda non ten nome asignado, deixará moita inestabilidade en Galicia de cara a fin de semana. As chuvias espallaranse por todo o territorio, “especialmente frecuentes no litoral atlántico e na metade sur”, acorde as predicións de Meteogalicia. Ademais a cota de neve estará nos 1.200 metros durante o día e baixará aos 1.000 na noite. Os termómetros baixarán e oscilarán entre os 14 graos de máximas e os 6 graos de mínimas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla