Un equipo galego describe dúas novas especies de lesmas

Investigadores da USC rematan unha exhaustiva investigación na que analizaron 5.000 individuos ao longo de 40 anos

O grupo de investigación Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación Integrativa (BiBiCI) da Universidade de Santiago (USC) acaba de rematar un exhaustivo estudo sobre as lesmas do xénero Arion da Península Ibérica e as Illas Baleares. O traballo supón un cambio notable no número de especies válidas deste exemplar, ademais de describir dúas especies novas para a ciencia. Asinan o traballo José Castillejo, Andrés Baselga, Olalla Lorenzo-Carballa, Javier Iglesias e Carola Gómez.

As lesmas da familia Arionidae tiveron a súa orixe na parte máis occidental de Europa, e de feito a Península Ibérica posúe a maior diversidade de especies do xénero Arion, cunha gran cantidade de especies endémicas. Para o traballo seguiuse unha metodoloxía de taxonomía integrativa, que abrangue o estudo morfolóxico, anatómico, molecular e sistemático para a delimitación das especies e o estudo das súas relacións evolutivas.

Publicidade

Dende 1980 a 2018

O estudo anatómico e morfolóxico realizouse incorporando topotipos —exemplares recollidos nas localidades tipo da especie— de todas as especies de lesmas do xénero Arion descritas na Península Ibérica desde que existen rexistros documentados. En todas as localidades tipo tentouse recoller exemplares en diferentes fases de desenvolvemento e en distintas épocas do ano. A mostraxe abrangue dende 1980 ata 2018 e foi máis intensa naquelas localidades nas que potencialmente coexisten varias especies de Arion ou onde se recolleron os exemplares tipo das distintas especies.

Durante estes case 40 anos recolléronse máis de 5.000 espécimes, que foron fotografados, anestesiados e conservados in situ. A súa determinación específica baseouse na morfoloxía externa de xuvenís e adultos e na anatomía do aparello xenital e das estruturas adxacentes. Ademais, a partir de 2015 realizouse a recollida de exemplares co obxectivo de estudar as relacións evolutivas entre as distintas especies mediante a análise de marcadores xenéticos moleculares.

Publicidade

Todo este traballo e os seus resultados aparece publicado nun volume editado por Edicións USC. A monografía Taxonomía integrativa de las babosas del género ‘Arion’ (Gastropoda: Arionidae) de la Península Ibérica contén unha colección de fotografías e imaxes, e compleméntase cunha edición dixital de acceso libre de láminas non incluídas na edición impresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos