Unha potente borrasca atlántica deixará incesantes chuvias en Galicia (e sen data de fin)

O martes vivirase unha xornada de ceos con nubes e claros en toda a comunidade e pouca probabilidade chuvascos

Chuvia, algúns ceos despexado e algo máis de chuvia. Após o paso da borrasca Jana, que deixou intensas precipitacións e fortes ventos durante esta fin de semana, o tempo en Galicia mantense máis invernal que de primavera. Para as seguintes xornadas agárdase unha situación de inestabilidade antes de que un novo sistema de baixas presións chegue dende o Atlántico con máis chuvias.

Durante este luns a borrasca Jana irase retirando cara ao sur deixando ceos parcialmente cubertos e chuvascos que serán máis probables na metade sur da comunidade, segundo indica Meteogalicia. O vento soprará con intensidade moderada e as temperaturas oscilarán entre os 2 graos de mínimas en Lugo e os 17 de máxima na Coruña.

Publicidade

O martes a chuvia dará un pequeno respiro na maior parte de Galicia antes de volver a ser a protagonista da semana. Durante esta xornada o territorio quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Os ceos estarán nubrados, con máis claros no litoral atlántico durante a tarde, e os “chuvascos serán illados e ocasionais, con máis probabilidade no interior”, sinalan fontes de Meteogalicia.

Será durante a noite do mércores cando unha nova borrasca atlántica afecte á comunidade. O día comenzará con ceos con nubes e claros e as chuvias iranse estendendo de sur a norte co avance da tarde. De cara á noite as precipitacións afectarán a toda Galicia e as predicións a medio prazo de Meteogalicia sinalan que existe unha alta probabilidade de que se manteñan durante o resto da semana. As temperaturas baixarán e os ventos soprarán de compoñente leste con intervalos moderados.

Publicidade

1 comentario

  1. “Unha potente borrasca atlántica deixará incesantes chuvias en Galicia (e sen data de fin)”
    Pareceme terrible que haia màis incesantes chuvias na Peninsula Iberica. A murcia tamen foi moi afectada pola borrasca igual que Valencia. Espero que Portugal non teña que sufrir estas borrascas tan potentes que azotan a españa

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla