Fortes ventos e ondas de máis de catro metros amplían as alertas para a fin de semana en Galicia

Meteogalicia aumenta os avisos por refachos de máis de 80 km/h na Costa da Morte, Rías Baixas e nas montañas de Lugo e Ourense

Unha chuvia sen tregua e refachos de máis de 80 km/h. Estes serán os protagonistas climatolóxicos de Galicia durante esta fin de semana. Unha profunda borrasca atlántica de alto impacto deixará a partir deste venres persistentes precipitacións, fortes ventos e neve na comunidade. Debido a esta predición, Meteogalicia vén de ampliar o aviso amarelo no litoral e nas montañas galegas.

Esta profunda borrasca, que en caso de ser “bautizada” pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) recibiría o nome de ‘Jana’, comezará a afectar a Galicia este venres. Será a través dunha fronte activa, segundo detalla Meteogalicia, que deixará chuvias intensas en todo o territorio durante o avance da tarde. Ademais, agárdanse fortes ventos de compoñente sur, máis potentes no litoral e nas zonas altas. Por este motivo, para esta xornada están activadas tres alertas amarelas.

Publicidade

Alertas amarelas para esta finde

A primeira delas é por refachos que poderán superar os 80 km/h. As zonas afectadas, segundo indica Meteogalicia, serán: o oeste e suroeste da Coruña, a montaña de Lugo e Ourense e o litoral de Pontevedra. Tamén haberá aviso por ventos no mar, procedente do sur, e que alcanzará forza 7 —con intervalos de 8, que poderían superar os 60 km/h— afectando sobre todo ás Rías Baixas e a Costa da Morte. A última das alertas para esta xornada do 07 de marzo é por ondas de máis de catro metros de altura na costa oeste da Coruña.

Xa para o propio día do 8M as alertas por fortes refachos continúan para as montañas de Lugo e Ourense e súmaselle o interior de Pontevedra. Ademais, o vento no mar manterase en forza 7 con internvalos de 8 nas Rías Baixas e na Costa da Morte e as ondas nestas zonas poderán superar os catro metros.

Publicidade

Por outra banda, acorde á predición da Aemet, os chuvascos para esta xornada terán caracter treboento en todo o territorio conforme avance a tarde. Ademais, prevese que poida nevar nas zonas altas de montaña durante todo o sábado e parte do domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica