Podcast | Que é a catálise organometálica? O proceso químico presente no teu día a día

O investigador do CiQUS Jesús Varela analiza as aplicacións dun método fundamental para a fabricación de obxectos cotiás

O día a día no laboratorio que dirixen os investigadores Jesús Varela e Carlos Sáa non dista moito de calquera outro centrado na química orgánica. O seu estudo está centrado na catálise organometálica, un proceso químico fundamental para a fabricación de obxectos que se empregan na vida cotiá: dende os fármacos que consomes ata os aparellos electrónicos que utilizas. En palabras de Jesús Varela, é como escalar unha montaña: podes facelo da maneira tradicional, subindo ata o cumio e baixando polo outro lado; ou escavar un túnel para chegar de forma máis directa ao teu destino. Hai que ver cal das dúas opcións é máis eficiente e sostible, de igual modo que o é a catálise organometálica.

Falamos co investigador Jesús Varela, do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), vinculado á Universidade de Santiago (USC), no podcast de GCiencia en colaboración coa entidade compostelá. Con el debullamos os segredos dun proceso fundamental na túa vida diaria.

Publicidade


Escoita O podcast de GCiencia en todas as nosas plataformas de podcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX