É o leite de lúa de Aradelas o primeiro de Galicia? Outro depósito do Courel dispútalle o privilexio

Persoal do xeoparque descarta que a cova da Buraca das Choias acredite cientificamente a consideración de 'moonmilk'

O leite de lúa localizado na sima Aradelas é o primeiro que se atopa en Galicia? A polémica está servida. Trala publicación realizada a pasada semana sobre este achado espeleolóxico en 2024, diversas voces apuntan a que o traballo realizado polo equipo Geoceanic na Buraca das Choias dende 2017 foi pioneiro en atopar estes singulares depósitos de minerais na comunidade.

Sobre este proxecto que explora o “tesouro inundado do Courel” publicouse o libro A Buraca das Choias. Acceso ás entrañas do Courel, escrito por Sonia García. Nel plásmase a “crónica dunha xesta espeleolóxica” realizada polos expertos e submarinistas de Geocenic na cova lucense. Ademais de textos explicativos e testemuños dos protagonistas, a obra tamén expón perfís topográficos e fotografías en cor sobre os descubrimentos realizados durante anos de exploracións. A súa autora defende que é neste lugar onde “está rexistrada unha coada impresionante de leite de lúa dende hai moito”.

Publicidade

Descubrimento científico

Pola contra, dende o Xeoparque Montañas do Courel —promotor da investigación na sima Aradelas— expoñen que “o achado de leite de lúa é ante todo un descubrimento científico que debe ser apoiado con análises químicas e mineralóxicas. Mentres tanto, unicamente se pode realizar hipóteses que, aínda que válidas, deben ser confirmadas en evidencias científicas”.

Deste xeito, rebaten o argumento da Buraca das Choias asegurando que as masas brancas que se poden apreciar no libro e nos vídeos de Youtube publicados poden ser algún tipo de espeleotema tipo colada e non moonmilk, debido a “aparente dureza e carácter macrocristalino” das mesmas, detallan, aínda que admiten que non existe ningunha conclusión definitiva. Segundo indican os expertos, “a leite de lúa é un depósito plástico non consolidade con aspecto de pasta, crema ou xel, modelable coa man” e nos documentos mencionados “mesmo se recoñecen espeleólogos camiñando sobre as devanditas masas sen deixar pegadas afundidas“.

Publicidade

Tamén ofrecen “colaborar no estudo mineralóxico das masas brancas interpretadas como moonmilk na cova” e comprométese a actuar en consecuencia dos resultados destes estudos, “mantendo a postura reflectida ata o de agora ou, en caso contrario, rectificándoa publicamente“. Malia isto, dende a entidade consideran “enormemente positivas as exploracións espeleolóxicas levadas a cabo na Buraca das Choias durante os últimos anos, así como o gran labor de difusión dos seus protagonistas”, conclúen.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla