O leite de lúa, denominado moonmilk en inglés, é un singular depósito de minerais que se forma no interior das covas. O seu nome fai referencia á súa constitución, baseada nunha masa branca de carácter plástico. Este tipo de formacións non se atoparan nunca en Galicia ata o de agora. Os traballos espeleolóxicos na sima Aradelas, situada no Courel, revelaron en 2024 a presenza dun depósito mineral único en Galicia. Amais disto, o equipo responsable do descubrimento asegura que o moonmilk galego está composto por materiais non documentados previamente na comunidade.
En concreto, o grupo que estudou o inédito depósito identificou hidromagnesita, un carbonato hidratado de magnesio; e a huntita, un carbonato anhidro de calcio e magnesio. O achado realizouno a xeóloga Sarah Bonilla, da Universidad de Granada, quen aplicou unha análise de difracción de raios X (DRX) durante a realización da súa tese doutoral. Estes resultados foron confirmados e ampliados posteriormente pola Unidade de Arqueometría e de Caracterización de Materiais da Universidade de Santiago (USC). O Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego indicou a este respecto que é probable que esteamos ante a primeira presenza coñecida de hidromagnesita e huntita de Galicia.
Novas galerías da sima Aradelas
O leite de lúa atopouse nas novas galerías e pozos achados na sima Aradelas en 2024. Descubrírono 10 clubs galegos e dous asturianos, que tamén revelaron dous quilómetros de condutos subterráneos, incluíndo o famoso lago Hydra, de 30 metros de longo e 4 metros de profundidade. Agora, os novos descubrimentos mineralóxicos poñen de relevancia a importancia da espeleoloxía galega no avance do coñecemento do mundo subterráneo. Así o indican dende o Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, dende onde poñen énfase no valor patrimonial das súas covas.
Todas estas novas espeleolóxicas e científicas serán presentadas nunha conferencia organizada pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC este sábado 1 de marzo, as 11:30 h. O relatorio será presentado por Daniel Ballesteros, quen formou parte das exploracións espeleolóxicas practicadas na sima Aradelas, e que tamén pertence ao Comité Científico do Xeoparque. Durante a conferencia, o Presidente do Xeoparque Montañas do Courel, Roberto Castro, doará unha mostra de moonmilk ao Museo de Historia Natural para preservar o novo achado científico na institución.
Los análisis de esta muestra no han sido revisados por pares y han sido analizados por la parte interesada.
La cantidad de la supuesta moonmilk en aradelas es insignificante.
El lago de aradelas no es un lago ni tiene 30 MTS de largo. Es agua estacional y en verano posiblemente desaparezca.
El geoparque montañas de O Courel es un organismo corrupto y sus técnicos. Hacen uso de los fondos públicos para su beneficio.
Geoceanic ya descubrió hace años una sala completamente llena.
Todo está documentado en un libro.
No estaría mal contrastar antes de publicar, no era tan difícil.
Na Buraca das Choias, no Courel, hay un depósito de moonmilk impresionante polo extenso e pola súa preciosidade, atopado hai anos e recollido na publicación “A Buraca das Choias” da editorial Belagua, que recolle a xesta do grupo Geoceanic. Estaría ben unha rectificación no artigo pola alegría de ter en máis lugares esta formación. A Buraca das Choias tamén sería un gran laboratorio que non se está apreciando. Gracias.
Está noticia no es correcta.
El moonmilk ya ha sido encontrado en la Buraca das choias hace varios años, por lo que ya había un antecedente en Galicia.