Podcast | A prometedora tecnoloxía galega de entrega de fármacos (nas células)

O investigador do CiQUS Alberto Fuertes explica cales son as aplicacións e os obxectivos do proxecto TraffikGene

A entrega de fármacos no interior das células non é un obxectivo doado. O noso corpo percibe ese tratamento como algo externo e non entende que pode ser beneficioso para a nosa saúde. Por iso, ese proceso debe de ser algo semellante a completar unha carreira de obstáculos. Dende o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), vinculado á Universidade de Santiago (USC), están a desenvolver unha prometedora tecnoloxía que permita que os fármacos baseados en material xenético poidan atravesar con seguridade as barreiras impostas e chegar ao interior da célula.

Para entender mellor as aplicacións e os obxectivos deste proxecto, denominado TraffikGene, falaremos co investigador do CiQUS Alberto Fuertes. Con el debullaremos, ao longo deste novo episodio de O podcast de GCiencia, cales son as fortalezas —pero tamén as debilidades— deste proxecto con ADN 100% galego.

Publicidade


Escoita O podcast de GCiencia en todas as nosas plataformas de podcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

Roubar a estabilidade dunha molécula ultra-estable durante unha fracción de segundo: así o estuda o CiQUS

O científico Luis M. Mateo recibe a prestixiosa Bolsa Branco Weiss que financiará o proxecto ‘PhthalocyanYnes’ con máis de 635.000 euros durante cinco anos