Poalla, babuña, froallo… Os 18 termos para falar da chuvia miúda en galego

Descobre os matices entre as diferentes palabras que fan referencia a un dos elementos sempre presente na comunidade

Galicia amence este xoves cun ambiente húmido e orballo. Como moitos días e, en realidade, como case sempre. Algunhas das poboacións onde máis auga cae en todo o ano dentro da Península atópanse na comunidade. O elemento está plenamente incorporado na nosa cultura identitaria: temos máis de 100 termos para referirnos á choiva: á forte, á feble, a que vén acompañada de raios ou tronos, para cando neva… ata temos distintas palabras para cando escampa.

Galicia, en fin, non se entende sen a choiva. Só no que respecta á chuvia miúda, segundo a Real Academia Galega, os galegos empregamos ata 18 termos distintos. E ollo, porque hai matices.

Publicidade

A morriña, para todo

O orballo vén cando o frío da noite condensa, depositándose en pingas pequenas. A morriña o mesmo serve para falar dun sentimento profundo de nostalxia como da choiva. Tamén temos a morriñada, referida tanto a choiva como a algo insignificante. A lapiñeira molla, pero non adoita ser moi intensa. Na chuvisca, as gotas son moi pequenas: menos de 0,5 mm de diámetro. Mais iso si, danse cando hai unha nube cunha altura considerable.

Podemos falar da patiñeira, ou do barrallo se a chuvia miúda cae con pouca forza. A breca non só é aquela persoa que non ve dun ollo. Tamén podemos empregar o termo para falar dunha cambra muscular, e como non, para referirnos á chuvia. E veña auga.

Publicidade

No froallo a choiva é miúda, pero espesa. A barrufa cala. A mexadeira é consecuente á lóxica: fina e en pequenas cantidades. A mocalleira sérvernos para sinalar cando alguén leva os mocos sen limpar e colgan do nariz, mais tamén para falar dunha chuvia miúda e moi suave. Temos a poalla e o zarzallo, e a barbaña para a chuvia mesta.

En Galicia, sempre se soubo, barruña, barruza e barrufa. E iso só cando a choiva é miúda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seca xa afecta o 79% de ríos galegos e o 15% presenta niveis extremos

Un visor interactivo creado polo investigador do CSIC Dominic Royé alerta da situación de secura no norte da Coruña, no paso do Ulla entre Pontevedra e Lugo e no sur de Pontevedra

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade