Mes da camelia no Castelo de Soutomaior: todas as actividades para celebrar unha flor única

A Deputación de Pontevedra organiza obradoiros dirixidos a nenos e adultos para conmemorar a floración da planta de orixe oriental

A poucos quilómetros da cidade de Vigo atópase un lugar no que o tempo parece moverse a outro ritmo. O Castelo de Soutomaior, unha fortaleza medieval cuxa orixe non está de todo clara, é xa de por si unha construción única capaz de facer viaxar no tempo a quen a visita. Con todo, ademais deste edificio impoñente, o que fai único este emprazamento son os xardíns que rodean o castelo, unha colección de especies botánicas entre as que destaca, pola súa beleza e historia, a camelia.

“Desde o ano 1982, o Castelo de Soutomaior forma parte de Deputación de Pontevedra e, cando se celebra o I Congreso Internacional da Camelia, pasamos a formar parte dese Xardín de Excelencia europeo”, conta Nava Castro, deputada de Turismo en Pontevedra. “Chegou aquí no século XIX desde Oriente, e acolleuse moi ben pola calidade do solo, especialmente nas Rías Baixas”, indica.

Publicidade

A camelia como símbolo

Desde entón, a camelia forma parte da flora galega, chegando a converterse nunha flor simbólica no sur de Galicia. Ademais da súa beleza, destaca por ter usos medicinais —coas súas follas poden facerse tés e cremas—, por ter sido utilizada en numerosas ocasións como inspiración artística, e por florecer en febreiro e marzo, fóra da temporada estival.

“Precisamente por iso, como agora estamos na floración plena, facemos estes meses distintas actividades relacionadas con ela”, explica Castro. “Son actividades combinadas: a camelia e a literatura, a camelia e a moda, a camelia e a saúde…”. A maiores, desde a Deputación tamén organizan actividades para nenos, como xogos, unha escape room, contacontos e talleres de pintura ao redor da camelia.

Publicidade

“Este lugar é espectacular. Percorrendo esta paraxe non só se poden ver camelias de todas as cores, senón que hai a maiores 18 árbores centenarias e moitas especies distintas”, comenta Castro. “É un lugar digno de admiración e que invita a reflexionar, fuxindo da velocidade do día a día”, conclúe.


👉 Consulta aquí a programación: https://www.castelodesoutomaior.com/gl/actividades

Elena Martín
Elena Martín
Realizadora audiovisual, xornalista e tradutora. Licenciada en comunicación audiovisual por la USC, máster en documental creativo pola UAB e máster en tradución audiovisual pola UOC. Forma parte da cooperativa de comunicación social Xarda e colabora en varios medios de comunicación como O Salto Galiza, GCiencia, Traveler ou Pikara Magazine

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano