O risco de impacto dun asteroide contra a Terra en 2032 é o maior xamais prognosticado

A rocha espacial 2024 YR4, que podería arrasar unha cidade, aumentou ata un 3,1% a súa probabilidade de chocar contra o planeta

A probabilidade de que un asteroide choque contra a Terra en 2032 é a maior xamais rexistrada en tempos modernos. A rocha espacial denominada 2024 YR4 aumentou o risco de impacto segundo os últimos datos da NASA. Detectado en decembro do pasado ano polo Sistema de última alerta de impacto terrestre de asteroides (ATLAS, polas súas siglas en inglés) en Chile, o obxecto pasou do 1,2% ata o 3,2% de posibilidades de chegar ao planeta. Pero os expertos indican que non hai que alarmarse.

A comunidade astronómica mundial segue de preto a evolución deste asteroide que ten “entre 40 e 90 metros de ancho“. Malia que a probabilidade de impacto contra a Terra vai en aumento, os expertos aseguran que a medida de que se vaian recollendo datos esta cifra irán baixando. Algo semellante ao que aconteceu en 2004 co asteroide Apophis, cun tamaño de máis de 30 metros, que, tras case chegar a un 3% de posibilidade de chocar contra o planeta en 2029, esta foi descartada en observacións posteriores.

Publicidade

Oito megatóns de TNT

O asteroide 2024 YR4 está clasificado nun nivel tres da escala de risco de impacto de Turín: “un encontro próximo que merece a atención de astrónomos e o público”, segundo o define a Axencia Estatal Europea. Debido ao seu tamaño e a velocidade que podería chegar a alcanzar estímase que, de chegar a impactar no planeta, destruiría unha cidade. De entrar na atmosfera terrestre, o escenario máis probable é a explosión no aire, o que significaría que explotaría cunha forza de oito megatóns de TNT, máis de 500 veces a potencia da bomba de Hiroshima, segundo detallan dende a Axencia SINC.

O corredor de impacto que barallan os expertos abarca o Pacífico oriental, o norte de Sudamérica, o Atlántico, Áfica, a Península Arábiga e o sur de Asia. Malia isto, dende a organización Planetary Society avisan de que é demasiado cedo para que a xente considere decisións tan drásticas como as de reubicación.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados

Galicia vivirá unha xornada astronómica única: o máximo das Perseidas chega tras a eclipse total de Sol

As condicións serán favorables para contemplar ata 200 meteoros por hora durante a noite do 12 ao 13 de agosto, con nubosidade prevista no norte da comunidade

Conta atrás para a gran cita coa eclipse total en Galicia: “Non volveremos ver algo así na nosa vida”

Unha cobertura do 99% ou do 100% do Sol marca a diferenza entre unha simple diminución da luz e a aparición da coroa solar e da escuridade