O verán comeza este sábado 20 ás 23.44 horas

A estación, que se inicia cando o Sol se sitúa xusto no punto Cáncer da eclíptica, prolongarase ata as 15.31 do 22 de setembro

A última hora do vindeiro sábado día 20, ás 23.44 horas, o Sol estará xusto no punto Cáncer da eclíptica ou solsticio de xuño, dando así comezo á estación estival no hemisferio norte. Esta prolongarase ata as 15.31 do 22 de setembro, sendo a estación mais longa das catro. Como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, ao Xornal da USC, aínda que están anunciadas algunhas eclipses para as vindeiras semanas, “a anelar de Sol vai ser practicamente só visible como tal en Asia, e a eclipse penumbral de Lúa do 5 de xullo, tal como xa aconteceu nas outras semellantes de xaneiro e xuño, vai pasar desapercibida para o gran público” dado que nestes casos a Lúa séguese a ver enteira aínda que reflicte menos luz do Sol. Como curiosidade, o profesor Docobo sinala que en 2020 van ter lugar catro eclipses penumbrais de Lúa.

Outro dos aspectos salientables a partir destas datas é que existe a posibilidade de poder observar con prismáticos ao amencer o cometa C/2020 F3 (Neowise), descuberto hai tres meses polo telescopio espacial do mesmo nome. Como sinala o director do Observatorio, o cometa verase ver mellor ao longo do mes de xullo, “sobre todo na segunda quincena pero neste caso na noitiña, logo do crepúsculo vespertino”. Outro evento destacable serán as Perseidas, “que todos os anos puntualmente se mostran por San Lourenzo”. Este ano, coa Lúa en tendencia minguante, “vanse dar unhas condicións moi favorables especialmente nas noites dos días 11 ao 12 e na noite do 12 ao 13 de agosto cando se prevé o máximo de actividade desta ‘choiva de estrelas’”, concreta José Ángel Docobo.

Publicidade

A Lúa minguante favorecerá a observación das Perseidas en agosto

Este verán, os planetas Xúpiter e Saturno -“as xoias da coroa” en opinión do profesor Docobo- estarán presentes todas as noites. A contemplación da Vía Láctea dende lugares sen contaminación lumínica é outro dos atractivos do ceo estival, aclara o director do Observatorio Astronómico.

O tempo na primavera

En base aos datos recompilados na estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, remata unha primavera máis ben seca na contorna de Compostela pero de contrastes típicos desta época do ano, engade o astrónomo. No comezo da estación non houbo precipitación, para logo abril ser un mes con pouca insolación.

Publicidade

O maio de 2020 foi o máis cálido desde 1961, con 3,32ºC por riba da media

Maio trouxo ao final de mes temperaturas de verán, e xuño caracterizouse por temperaturas excesivamente suaves. Isto último xa ten acontecido noutros moitos anos, basta con lembrar a temperatura máxima acadada o 9 de xuño de 2018, con 13,2ºC. Porén, no mes de maio rexistránronse en Compostela catro dias con máximas por riba dos trinta graos, destacando os 33º2 do día 28. Neste senso, Docobo lembra que en 2019 a temperatura máxima absoluta anual se rexistrou o 31 de maio con 33,7ºC.

A abundante nubosidade de abril fixo que os termómetros non subiran de 22,9ºC pero a cambio as mínimas non foron moi baixas. A insolación deste mes foi “moito menor doque é normal, medíndose pouco mais de cen horas” precisa o profesor Docobo. En canto á choiva, salvo abril con 200 litros/m2, o resto do tempo estivo por baixo do habitual. En maio caeron só 66,9 litros/m2 e no que vai de xuño, 29,2 l/m2.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de conectado está o teu concello? Descúbreo con esta ferramenta interactiva

O mapa de Strado puntúa os barrios europeos en función da súa accesibilidade a servizos da vida diaria e social

Yolanda Prezado: “O Centro de Protonterapia situará Galicia nunha situación privilexiada para investigar”

A física galega, premiada co Wonenburger 2026, consolidou a súa traxectoria en Francia e regresou en 2024 a Galicia para crear escola no eido da radiobioloxía

Unha recreación en 3D recupera a desaparecida casa de baños La Concha de Arosa

O CIAG crea unha visualización dixital dun edificio de finais do XIX que funcionou como polo turístico e centro do lecer aristocrático da época ata o seu peche tras a Guerra Civil

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión