Científicos de Santiago logran fabricar nanoimplantes artificiais de longa vida

Os equipos do CiQUS que dirixen José Luis Mascareñas e Pablo del Pino acadan un avance que pode abrir grandes oportunidades en biomedicina

Científicos da USC acaban de fixar un novo concepto baseado no desenvolvemento de tecidos catalíticos. Por primeira vez inseríronse nanoimplantes en modelos de tecidos  tumorais, capaces de activar moléculas externas de forma selectiva, durante polo menos unha semana. Esta achega é froito da colaboración entre os equipos dirixidos polo catedrático José Luis  Mascareñas e o investigador Pablo del Pino no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS).

“Como proba de concepto, neste traballo interdisciplinar propoñemos un novo nanosistema híbrido formado por un núcleo metálico (paladio) e unha codia porosa baseada nunha rede metalo-orgánica (MOF, Metal-Organic Framework), que actúan de forma sinérxica para transformar compostos químicos de forma selectiva e recorrente no interior de células e tecidos”, explica Pablo del Pino.

Publicidade

Detalle do traballo desenvolvido no CiQUS, no que se propón un novo nanosistema híbrido formado por un núcleo metálico de paladio e unha codia porosa baseada nunha rede metalo-orgánica. Fonte: CiQUS.
Detalle do traballo desenvolvido no CiQUS, no que se propón un novo nanosistema híbrido formado por un núcleo metálico de paladio e unha codia porosa baseada nunha rede metalo-orgánica. Fonte: CiQUS.

No artigo, publicado en Cell Reports Physical Science, os investigadores explican que “traducir o potencial da catálise de metais de transición a contornas biolóxicas e en seres vivos promete ter un profundo impacto na bioloxía química e a medicina”. Na publicación tamén asinan Raquel Martínez, como primeira autora, Carolina Carrillo Carrión, Paolo Destito, Aitor Álvarez, María Tomás, Beatriz Pelaz e Fernando López.

Esta contribución pioneira pretende establecer as bases para a creación dunha nova xeración de nanorreactores que, debido á súa versatilidade e estabilidade, espérase que poidan ofrecer novas oportunidades no ámbito biomédico. “Especificamente, o obxectivo final consiste en realizar nanoimplantes in vivo de sistemas con actividade  catalítica que poidan ser usados como factorías para xerar moléculas bioactivas de forma localizada”, engade o investigador da USC. Este traballo enmárcase nun proxecto colaborativo do CiQUS, financiado por múltiples axencias europeas, nacionais e autonómicas.

Publicidade


Referencia: Core-Shell Palladium/MOF Platforms as Diffusion-Controlled Nanoreactors in Living Cells and Tissue Models (Publicado en Cell Reports Physical Science).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS demostra que os de ciclos luz e escuridade guían a evolución estable de nanomateriais

O traballo liderado polo investigador Javier Montenegro permite guiar a organización de sistemas moleculares dinámicos cara a estruturas máis robustas

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

O investigador Cristóbal Pérez súmase ao CiQUS para impulsar a espectroscopía molecular

O científico ten unha traxectoria recoñecida a nivel internacional no deseño e aplicación de instrumentación avanzada para estudar a estrutura e dinámica de sistemas moleculares complexos