A provincia da Coruña viviu o sábado o meirande sismo dos últimos anos

O terremoto, de magnitude 3, tivo o seu epicentro no termo municipal de Frades, e xerou decenas de avisos ao Instituto Geográfico Nacional

Dous minutos antes da medianoite do sábado ao domingo, a comarca de Ordes viviu o meirande terremoto dos últimos anos. Foi no termo municipal de Frades, e moi preto de localidades como Sigüeiro (Oroso). Apenas vinte minutos antes, produciuse outro movemento de menor magnitude (1,9), uns quilómetros ao norte, e practicamente no punto polo que discorre a autopista AP-9.

Decenas de avisos

Como adoita acontecer nos terremotos de meirande entidade que teñen lugar en Galicia, o Instituto Geográfico Nacional recibiu decenas de notificacións do sismo, sobre todo desde as comarcas de Ordes, A Coruña e Santiago (Tordoia, O Pino, Oza-Cesuras, Carral ou Oroso), e mesmo desde as proximidades de Santiago de Compostela.

Publicidade

O nivel de intensidade sentido nos avisos é, con todo, practicamente nulo. O grao II, segundo a clasificación establecida para medir a intensidade (distinta da magnitude) expón que estes sismos non causan ningún efecto nin nado, e que son sentidos en casos illados (menos do 1%) de persoas en reposo e “en posicións especialmente receptivas dentro dos edificios”.

A zona da comarca de Ordes non se enmarca nas máis habituais dos sismos en Galicia, aínda que si rexistra algúns tremores pequenos e illados na área que vai desde esta comarca ata Tordoia, Val do Dubra e Carballo, onde algunhas pequenas fallas poden provocar lixeiros movementos.

Publicidade

No que respecta ao resto de Galicia, en Ourense tivo lugar o meirande terremoto dos últimos 20 anos en setembro de 2019. Foi algo inferior ao que tivo lugar en novembro de 2018 en Melgaço, á outra beira do Miño, fronte á localidade pontevedresa de Arbo, con magnitude 3,8, e que rexistrou máis de 400 avisos ao IGN, desde todo o sur de Galicia e norte de Portugal. O outro meirande sismo en Galicia nos últimos anos tivo lugar en agosto de 2018 en Taboada, preto do encoro de Belesar, de magnitude 3,5.

Aquí podes ver todos os terremotos de Galicia en 2019

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pode vivir Galicia un terremoto como o de Portugal?: "Aquí hai moitos, pero menos destrutivos"

A composición granítica do solo galego fai que estes eventos naturais sexan menos violentos que noutras zonas do mundo, segundo o experto en xeografía física Augusto Pérez Alberti

Estes son os lugares de Galicia onde se sentiu o recente terremoto de Portugal

O Instituto Xeográfico Nacional confirma os efectos do fenómeno das costas Atlánticas nas provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña, aínda que sen danos persoais nin materiais

De Islandia a Santiago: os 300 camiños para peregrinar a Compostela que aínda non coñeces

O Instituto Xeográfico Nacional recompila nun mapa interactivo 286 rutas a pé e 31 itinerarios marítimos tradicionais

Canto cambiou a rúa na que vives nos últimos 60 anos? Compróbao neste mapa

Un mapa do Instituto Xeográfico Nacional permite comparar imaxes aéreas captadas nos anos 50 con ortofotos actuais