Ourense vive o maior terremoto en 30 anos

Con epicentro en Carballeda de Valdeorras, o sismo alcanzou os 3, 5 graos de magnitude

A provincia de Ourense viviu hoxe o maior terremoto rexistrado nos últimos 30 anos cun sismo con epicentro en Carballeda de Valdeorras e unha magnitude de 3,5 graos. Dende o ano 1998 non se rexitraba un terremoto de esta magnitude.

O sismo foi rexistrado polo Instituto Xeográfico Nacional ás 5. Foi sentido en diferentes puntos de Galicia e Castela e León, como Ponferrada, Voces e Borrenes (León) e Casaio, Penouta e Vilamartín, en Galicia. Con todo, a súa intensidade chegou ata o nivel II, lonxe do IV marcado na madrugada de onte polo de Cartelle.

Publicidade

O de maior magnitude con orixe en Ourense constatouse o 30 de agosto de 1989: 3.8 en Sarreaus. A intensidade dun sismo establece os efectos que tivo sobre as persoas, obxectos e edificios, mentres que a magnitude describe a enerxía liberada a raíz da área de ruptura da falla.

O terremoto de Carballeda de Valdeorras é comparable ao rexistrado en Celanova o 10 de agosto que alcanzou unha magnitude de 3,4. Tras o movemento continuaron os sismos na mesma área de Ourense aínda que de magnitude menor.

Localización dos terremotos da última semana en Ourense. Fonte: IGM.

Este novo terremoto é o de maior magnitude dun enxame sísmico que se mantén no sur da provincia de Ourense dende comezos do mes de xullo. O fenómeno dun enxame sísmico de pequena magnitude suma xa máis de 30 terremotos rexistrados. O máis recente ata o de hoxe foi o do martes, 30 de xullo, con epicentro no municipio de Cartelle e unha magnitude de 3,2.

A actividade sísmica no sur da provincia de Ourense é practicamente diaria dende o comezo do mes de xullo.

Defínese como enxame sísmico a sucesión de tremores que se producen nun área concreta durante un período determinado de tempo. Poden durar horas, días ou meses, e destácanse, tal e como sinala Emilio Carreño, do Instituto Xeográfico Nacional, porque “non existe un sismo que poidamos chamar principal”.

O fenómeno do enxame sísmico adoita producirse con certa periodicidade en Galicia, aínda que a súa intensidade non chega a ser percibida en moitos casos pola poboación. Con todo, hai experiencias recentes de situacións de risco. Foi, por exemplo, o que aconteceu a mediados dos anos 90 no bautizado como ‘triángulo sísmico’, entre as localidades lucenses de Sarria, Becerreá e Triacastela. Centos de tremores de magnitude superior a 3 sucedéronse durante meses. O evento principal produciuse o 21 de maio de 1997, cun tremor de magnitude 5,1 que se sentiu en toda Galicia.

Galicia non adoita vivir grandes sismos como os que acontecen noutras zonas do planeta. Porén, de cando en vez as fallas que atravesan o territorio lembran que a tectónica de placas está aí. Outro enxame sísmico tivo lugar o ano pasado en Pontevedra. E hai un lugar onde a actividade é moito maior e concentrada ca na contorna: o encoro de Belesar, no río Miño. Nunha área de poucos quilómetros cadrados entre os concellos de Taboada, Chantada e O Saviñao, as medicións do Instituto Geográfico Nacional (IGN) rexistraron preto de 200 pequenos terremotos nos últimos anos. Un fenómeno ao que xa prestaron atención varios traballos de investigación sobre sismicidade. Neste caso, os científicos sospeitan que os sismos teñen que ver co asentamento do propio encoro de Belesar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un terremoto de magnitude 4,2 con orixe na provincia de León séntese na maior parte de Galicia

Tan só o oeste da provincia da Coruña quedou fóra do alcance do sismo, mentres que o resto da comunidade puido percibilo

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación