Un terremoto de magnitude 4,2 con orixe na provincia de León séntese na maior parte de Galicia

Tan só o oeste da provincia da Coruña quedou fóra do alcance do sismo, mentres que o resto da comunidade puido percibilo

Un sismo de magnitude 4,2 con orixe no municipio de Benuza (provincia de León) —a menos de 30 quilómetros da poboación galega de Sobradelo— sentiuse en diversos puntos de Galicia. Tan só o oeste da provincia coruñesa pareceu quedar fóra do alcance do terremoto. Segundo o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), a sacudida produciuse o xoves 15 de outubro ás 22:34:45 horas. Nos límites galegos, a parte máis intensa do movemento percibiuse nos territorios de Lugo e Ourense, en especial na zona do Barco de Valdeorras, a máis próxima ao epicentro.

O terremoto entrou polo leste da comunidade galega e estendeuse pola meirande parte do territorio. Cara ao norte, o sismo rexistrouse ata o municipio de Negradas (O Vicedo, Lugo), Ribadeo, tamén nos límites lucenses e a costa norte da Coruña. Polo oeste, as poboacións de Carballo e Noia, ambas na Coruña, marcaron o fin do alcance da sacudida. No sur, o sismo estendeuse ata Berrande e Queizás (en Ourense) e Tui (en Pontevedra).

Publicidade

Unha magnitude de 4,2 indica un terremoto lixeiro que provoca movementos nos obxectos dentro das vivendas, pero non se consideran sacudidas perigosas.


Podes consultar os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN) nesta ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Terra está atravesando unha época de maior actividade sísmica?

Dous terremotos de gran magnitude sacudiron Venezuela o 24 de xuño, e despois seguiron outros en Xapón, Colombia, Indonesia e Granada

Alerta sísmica no teu móbil: así funciona o sistema de Google que avisa dos terremotos en segundos

Os teléfonos Android contan cun servizo de avisos por tremores tectónicos que se lanzou nos primeiros segundos dende o comezo do fenómeno que golpeou Venezuela

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

As ondas sísmicas do terremoto de Venezuela deron tres voltas e media á Terra

Os fenómenos, de magnitude 7,2 e 7,5, afectaron este 24 de xuño en forma de dobrete sísmico, cunha explicación xeolóxica coñecida