Detectado o primeiro caso de gripe en Galicia esta tempada

Na tempada anterior, houbo en Galicia máis de 1.600 pacientes hospitalizados por gripe e nesta campaña non se rexistrou nin un só ingreso e a incidencia é 'nula'

Chegado abril, case catro meses despois do que resulta habitual, Galicia rexistra o seu primeiro caso oficial de gripe. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou hoxe a detección do primeiro caso de gripe  na tempada actual, na que non se declarou ningún ingreso por este virus. Así consta no último informe de ‘Vixilancia da gripe en Galicia‘ da tempada 2020/21 correspondente á décimo terceira semana, que rematou o pasado día 4 de abril. O positivo trátase dun virus da gripe B e o Sergas insiste en que este caso non varía a situación que vivimos: a distribución xeográfica da gripe é actualmente ‘nula‘.

Por que a gripe case desapareceu, pero o coronavirus segue a propagarse?

Os especialistas do Sergas sinalan que se levan analizadas 691 mostras diferentes que poderían ter coincidido co virus da gripe, dende que comezou a habitual campaña pandémica, a comezos do outono de 2020. Agora, chega por fin o primeiro caso positivo.

Publicidade

O boletín advirte tamén de que, por primeira vez, a campaña da gripe entra na súa recta final sen que se teña rexistrado nin un só ingreso hospitalario por esta razón. O Sergas “dispón de información de todos os hospitais públicos galegos e Povisa e Fátima. Desde o principio da tempada e ata o martes, día 6 de abril, incluído, non se declarou ningún ingreso por gripe”, sinalan no boletín.

En España, segundo o último Informe do Instituto de Saúde Carlos III, desde o inicio da tempada foron notificadas 12 deteccións do virus da gripe: cinco en Aragón, tres en Castela A Mancha e tres na Rioxa, ao que se suma agora o caso galego. Hai que lembrar que durante a tempada 2019-2020 houbo en todo o país 619.000 casos confirmados en Atención Primaria, 27.700 hospitalizados con 1.800 na uci e 3.900 mortes atribuíbles á gripe. En Galicia, na campaña anterior, houbo 1.628 pacientes ingresados por gripe.

Publicidade

O coronavirus é peor ca gripe

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía