Nace o Portal de Investigación da Universidade de Santiago

O novo espazo facilita o acceso a teses doutorais e artigos científicos dos 300 grupos científicos da institución compostelá

Portal da Investigación da USC acaba de ver a luz en aberto, logo dun período de probas de dous meses, co obxectivo de difundir, dar visibilidade e transferir á sociedade os resultados das actividades de investigación da Universidade. Este novo espazo facilita o acceso ás publicacións e datos de investigación, contribuíndo aos obxectivos da ciencia aberta. Ademais, establece unha relación entre o financiamento e os seus resultados, realizando un exercicio de transparencia ao tempo que mellora a visibilidade e o impacto da institución.

Esta páxina permite explorar o persoal investigador nas unidades organizativas definidas pola USC —Centros Singulares, Institutos, Agrupacións Estratéxicas, Departamentos, Facultades e Grandes Áreas de Coñecemento— ou facer unha procura específica na caixa de busca. Ademais, permite explorar os diferentes grupos que integran o tecido investigador da Universidade.

Publicidade

O Portal actualízase diariamente cos contidos das publicacións procedentes de Dialnet, incluíndo as súas métricas, e semanalmente cos datos de Scopus. No futuro, prevese a incorporación das publicacións da Web of Science (WoS). Asemade, o portal actualízase diariamente coas actividades que consten nas bases de datos do Vicerreitorado de Investigación e Innovación. Deste xeito, o novo espazo presenta os resultados globais da institución, con diversos apartados dedicados a publicacións, teses doutorais, colaboracións con outros centros ou patentes, entre outros aspectos.

Formulario

Tal e como xa se fixo durante o período de probas, o persoal investigador da Universidade pode continuar enviando suxestións ou correccións a través do formulario habilitado a tal efecto. A información sobre as funcionalidades do portal, as fontes das publicacións e proxectos, o rol da Biblioteca Universitaria e a Vicerreitoría de Investigación así como outras cuestións esta accesible na seguinte ligazón.

Publicidade

A USC conta cunha ampla rede de infraestruturas de apoio á investigación con persoal altamente cualificado que dá soporte científico-tecnolóxico a máis de 2.000 investigadores, preto de 300 grupos, unha trintena de institutos e centros de investigación e medio cento de departamentos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Todo caduca: o investigador que recrea obras de arte para estudar como envellecen

Un experto en ciencia de materiais colabora co CGAC para avaliar a calidade e durabilidade dos materiais que se empregan no patrimonio artístico do centro galego

Un estudo feito en Lugo revela que case o 30% dos adolescentes sofren fobia a quedar sen móbil

A investigación USC saca á luz a relación deste medo irracional co consumo de alcol, tabaco e cánnabis

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada