Avistan un meteoro, acompañado dun forte estrondo, en varios puntos de Galicia

O bólido foi observado tamén nunha ampla franxa do oeste da península, desde O Bierzo ata Sevilla, sobre a 1.20 horas da madrugada

Un meteoro foi avistado na madrugada do domingo 17 ao luns 18 en numerosos de Galicia e outras áreas do oeste peninsular. O bólido, acompañado dun forte estrondo, foi visible sobre a 1.19 horas da madrugada. A Rede de Investigación de Bólidos e Meteoritos (SPMN), que fixo un chamamento a posibles testemuñas para achegar máis detalles do fenómeno, constatou ao longo do día que a magnitude absoluta do bólido foi de -16, o que supón que brillou máis que a Lúa chea. Algunhas testemuñas constataron que o paso do meteoro provocou “que case se fixese de día” nas zonas onde foi avistado.

Esta mesma rede expuxo que o rango de observación abrangueu, ademais de Galicia, Andalucía, Asturias, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Comunidad de Madrid, Extremadura, La Rioja, Euskadi e o norte de Portugal.

Publicidade

Desde o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, o profesor José Ángel Docobo aconteceu sobre O Bierzo, “aínda que se viu bastante ben en Galicia, sobre todo ao sur, que estaba máis despexado”.

Desde a Rede SPMN constatan tamén que o paso do bólido chegou a ser captado por dúas estacións sísmicas do Instituto Geográfico Nacional (IGN).

Publicidade

O fenómeno causou numerosas reaccións nas redes sociais, dando conta tanto do estrondo como do resplandor que emitiu o obxecto. A Radio Galega recibiu centos de chamadas para avisar do avistamento:

https://twitter.com/GxDRadioGalega/status/1351047712003813377

Hai agora oito meses, a finais de abril de 2020, en pleno confinamento por mor da pandemia da Covid-19, un meteoro causou unha importante expectación en Galicia. Pero naquela ocasión tratábase dun obxecto artificial; era parte dun foguete Soyuz que se desintegrou sobre o ceo de Galicia a primeira hora da mañá, deixando un brillante ronsel e captando a atención de moitas persoas:

Un fragmento dun foguete Soyuz lanzado o pasado sábado ilumina o ceo de Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla