Unha forte borrasca trae avisos amarelos e laranxas a Galicia este martes

Meteogalicia advirte de fortes ventos tanto no litoral como nas montañas, con refachos por riba dos 80 kilómetros por hora

Volve a borrasca. Tras varias semanas de estabilidade, o tempo en Galicia volve axitarse, cunha situación propia do inverno. Unha fronte moi activa achegarase durante o martes, traendo consigo un aumento de nubes e chuvias, que comezarán polo oeste e irán estendéndose ó resto do territorio ó longo da xornada.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes en xeral, moi fortes no litoral e zonas altas.

Publicidade


Son precisamente estes ventos os que traen avisos amarelos con refachos de máis de 80 km por hora na Mariña, noroeste da Coruña, montaña de Lugo e montaña de Ourense. Meteogalicia activou tamén o aviso laranxa por ventos do mar, que serán de forza 8 tanto na Costa da Morte como nas Rías Baixas. Tamén a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) coincide con estas previsións e avisos amarelos e laranxas para Galicia este martes 19 de xaneiro.

Aquí podes consultar o boletín de avisos previsto por Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro