Nieves Cabo, primeira en completar a vacinación en Galicia

Foi a primeira paciente en España en recibir a segunda dose da vacina de Pfizer, un proceso que comeza dende este domingo nas residencias de maiores

A primeira paciente en Galicia en recibir a vacina fronte á Covid-19, Nieves Cabo Vidal, usuaria da residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela, foi este domingo a primeira en recibir a segunda dose, ás 08,23 horas. Ademais, foi a primeira persoa en España que completou o proceso de inmunización.

Pola súa banda, a enfermeira que vacinou a Nieves nas dúas ocasións, Yolanda Moares, foi hoxe tamén a primeira sanitaria en recibir a segunda dose da vacina fronte á Covid-19 en Galicia.

Publicidade

Deste xeito, comezou a segunda rolda de vacinación nas residencias de maiores de Galicia. A administración da segunda dose da vacina aos usuarios e traballadores das residencias de maiores e de discapacidade coincide no tempo coa aplicación da mesma ao segundo colectivo identificado de maneira prioritaria, o dos profesionais da sanidade, tanto da hospitalaria como de atención primaria, que en Galicia empezaron a recibila o pasado mércores con previsión de chegar este luns aos 20.000 vacinados coa primeira toma.

Tras recibir a vacina, Nieves Cabo manifestou: “Como estou? Ben, ben, ben… non a sentín sequera”, manifestou esta brionesa, antes de recomendarlle a todo o mundo que non deixe de vacinarse, se ten ocasión, porque “é unha cousa marabillosa”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro