A ocupación dos hospitais por Covid-19 cae aos niveis do 20 de marzo

Sanidad confirma 16 novos casos por PCR, catro falecidos e 161 "infeccións resoltas", para pouco máis de 2.000 casos activos

Galicia ten este xoves nos hospitais unha cifra de persoas ingresadas por Covid-19 moi semellante á do día 20 de marzo, unha semana despois do venres no que o presidente do Goberno anunciou a declaración do estado de alarma en España. Cos datos achegados pola Consellería de Sanidade e o Ministerio de Sanidad, constátase a tendencia de remisión da pandemia en Galicia. Detectáronse 16 positivos mediante PCR, mentres que se notificaron 161 infeccións resoltas, para un total de 8.157 que superaron a infección desde o comezo da crise. Porén, houbo catro falecementos máis, o que eleva a cifra de óbitos a 601 desde o comezo da crise. A incidencia en Galicia nos últimos 14 días (casos acumulados por cada 100.000 habitantes) volve estar un día máis por baixo da media estatal. A cifra galega é do 22,97, fronte ao 24,52 do conxunto de España.

Casos activos

En canto á situación nos hospitais, actualmente hai 21 persoas na UCI e 123 noutras unidades, (144 en total) o que supón 22 menos có martes, cunha cifra semellante á de hai case dous meses, o 20 de marzo (eran naquel momento 19 en UCI e 137 en hospitais, para un total de 156). Nas últimas horas (sen ter en conta as altas) rexistráronse 10 novos ingresos nos hospitais, polos datos que indica o Ministerio de Sanidad. O resto das persoas, 1.930 (un 93,06% do total), están no domicilio. Así evolucionou a situación nos hospitais:

Publicidade

Os casos activos volven baixar en todas as áreas sanitarias. Das 2.074 persoas, 516 están na área da Coruña-Cee, 117 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 321 na de Ourense-Verín-O Barco, 108 na de Pontevedra-Salnés, 512 na área de Vigo, 424 na de Santiago-Barbanza e 76 na de Ferrol. Así está a situación:

Destes casos activos, 385 están vinculados a residencias de maiores e centros de discapacidade (231 usuarios e 154 profesionais). Son o 18,56% dos afectados por Covid-19 en Galicia.

Publicidade

Sobre as infeccións resoltas, as autoridades explican que, ademais das altas hospitalarias e domiciliarias, nesta cifra están incluídos os pacientes que, por exemplo, dan negativo nunha proba PCR do coronavirus despois de ser positivo, aínda que poidan seguir ingresados no hospital ou atendidos no domicilio, pero xa fóra dos casos activos. Aquí tamén se inclúen, tal e como aclara o propio Ministerio, os casos de persoas, como os positivos en tests de anticorpos, aos que se lles fixo unha proba serolóxica e non se puido evidenciar en que momento contraeron a infección, ou que mesmo puideran ser asintomáticas.

Falecementos

No referido aos falecementos, a cifra de óbitos por Covid-19 medrou en catro persoas. Ata a noite do mércores informouse de 601 falecementos, dos que 269 son de usuarios de residencias de maiores (44,75%). Ningunha das mortes dos últimos catro días corresponde a usuarios destes centros, segundo os datos do Sergas.

Probas diagnósticas

En canto ás probas realizadas, Sanidade informou de que se levan feitas 120.424 PCR, 1.759 máis có mércores. A porcentaxe de positivos detectados sobre o total de análises baixa ata arredor do 1%.

Outro dos sinais optimistas sobre a evolución da pandemia, polo menos a curto prazo, foi a confirmación de que se están a detectar moi poucos positivos diarios a través de probas PCR. Este mércores (día no que se recollen os datos do xoves), só 16 persoas foron diagnosticadas a través desta técnica, a máis ‘fiable’ para confirmar a infección. A elas hai que sumar outros 34 positivos por por tests de anticorpos (neste caso, non son necesariamente infeccións novas ou recentes)

Desde o comezo da crise, diagnosticáronse en Galicia 10.832 positivos por Covid-19. Deles, 9.317 detectáronse mediante PCR e 1.515, por tests de anticorpos (neste caso, non son necesariamente infeccións novas ou recentes). Con todo, estes números sempre se corresponden co cumio da pirámide de persoas afectadas, é dicir, óbvianse aquelas persoas que puideron ter pasada a infección pero non lles foi realizada unha análise para confirmalo. Neste sentido cobran relevancia resultados do estudo de seroprevalencia do ISCIII, coñecidos o mércores, e que estiman que algo menos de 60.000 galegos puideron ter desenvolvido anticorpos.

Esta é a situación en España nas últimas 24 horas:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar

Un proxecto galego producirá mexilla mellorada en criadeiro para combater a falta de semente silvestre

O sector do mexillón galego é responsable de preto da metade da produción que abastece a Unión Europea

Do túmulo neolítico de Chousa Vella á foxa medieval de Fontenla: un proxecto afina o pasado arqueolóxico de Galicia

Unha investigación da Xunta de Galicia e o Incipit analiza 33 mostras para determinar a súa antigüidade a través da proba do carbono 14