Dous torques e un brazalete de ouro da cultura castrexa saen a poxa en Madrid por 195.000 euros

Unha casa de antigüidades presentará en maio un conxunto de xoias antigas procedentes dunha colección privada galega

A prestixiosa casa de antigüidades Ansorena sacará a poxa no mes de maio un lote composto por dous torques e un brazalete de ouro da cultura castrexa, procedentes dunha colección privada de Galicia. O prezo de saída destas pezas, datadas entre os séculos V e I a.C., será de 195.000 euros.

O conxunto inclúe dous torques dos séculos III-I a.C., pertencentes á Idade do Ferro, están formados por unha vara lisa e maciza de sección cadrada e perfil romboidal, con arestas ben marcadas e extremos rematados en forma de dobre escocia. O máis pequeno, cunha altura de 12,10 centímetros e un eixo horizontal de 15,10 centímetros, é tamén o máis pesado, con 368 gramos. Pola súa banda, o outro torque, de 14 centímetros de altura, alcanza os 347 gramos. A venda complétase cun brazalete laminar de ouro da Idade do Bronce, datado a finais do século I a.C., cun peso de 45,29 gramos.

Publicidade

Este caso súmase ao doutros achados de torques en Galicia, como os localizados nunha finca de Betanzos. Segundo expertos do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC), estas pezas puideron empregarse como ofrendas en rituais relixiosos. Neste sentido, o arqueólogo Xosé Lois Armada sinala que non é estraño atopar ouro de maneira fortuíta nas proximidades dos castros, aínda que se descoñece o lugar exacto onde foron achados estes torques en territorio galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla