Ceos Galegos convoca un concurso de fotos da eclipse

O portal abre o prazo ata o 29 de xaneiro para enviar as imaxes do fenómeno tomadas desde Galicia na noite deste luns

O portal Ceos Galegos, dirixido por Dosi Veiga, anunciou este luns a convocatoria dun concurso de fotografías da eclipse de Lúa que tivo lugar na madrugada deste 21 de xaneiro.

Para participar é preciso cubrir un formulario no propio portal, no que se acheguen os datos da mencionada fotografía. As bases determinan que os autores deben acreditar a autoría das fotografías (admítense un máximo de 5 por autor), deben conter necesariamente á Lúa durante algunha fase da eclipse do 21 de xaneiro de 2019 e estar tomadas en Galicia, poden estar tiradas por calquera medio fotográfico, con paisaxe, con xente ou só con elementos astronómicos, e admítense correccións básicas de niveis con aplicacións informáticas ou procesados como apilados, panorámicas ou secuencias.

Publicidade

Segundo informan desde Ceos Galegos, unha vez estean subidas as imaxes á galería, realizarase unha votación popular ao través do portal, polo que o gañador desta votación recibirá un diploma acreditativo así como un lote de regalos que se comunicará nuns días.

Entre todas as imaxes publicadas sortearase unha edición única do calendario Ceos Galegos 2019, asinada por todos os autores deste ano. Será un sorteo puro entre todas as imaxes recibidas. Realizarase ao través da web www.randorium.com unha vez remate o prazo para subir imaxes, o 29 de xaneiro, e será anunciado polas redes sociais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

A eclipse solar vista dende o espazo: así é a sombra que se proxectou sobre a Terra

As imaxes do Meteosat de terceira xeración, tomadas a 36.000 quilómetros de altitude, amosan o camiño da Lúa xusto antes da chegada da noite

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado