Así vimos o espectáculo da eclipse de Lúa dende Galicia

A eclipse de Lúa non defraudou en Galicia. Rachando cos prognósticos que agoiraban chuvia, o ceo deu unha tregua e as nubes desapareceron para permitir observar o fenómeno astronómico en todo o seu esplendor.

Foi ás 4.49 horas cando a Lúa comezou a entrar na zona de penumbra da Terra e, a partires das 5.43 xa se podía ver avermellada. Durante 54 minutos a eclipse foi total, e ás 7.49 da mañá rematou o evento.

Publicidade

Así fotografamos en GCiencia a eclipse de Lúa.

En GCiencia, saímos fotografar o espectáculo, dende Santiago de Compostela e Vigo, onde foi posible contemplar a sombra da Terra sobre a Lúa, malia algún momento puntual no que as nubes distorsionaban a visión.

Tamén fixeron unha saída de campo na Coruña, dende a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío  cunha observación pública da eclipse no Parque de Eirís, que comeou ás 4:30 da mañá. Noutros puntos de Galicia foron numerosos os afeccionados á astronomía que decidiron madrugar (ou trasnoitar) para ver un fenómeno que non se repetirá ata o ano 2022.

Publicidade

A eclipse fotografada pola Agrupación Astronómica Ío.

A chamada ‘Lúa de sangue’ ten un nome atractivo, pero que ten pouco misterio. A atmosfera da Terra non é sólida nin opaca, senón gasosa. Así, a luz procedente de Sol experimenta refracción (cmbio de dirección dunha onda ao pasar dun medio a outro en que a velocidade de propagación é diferente) ao pasar pola atmosfera. E este cambio proxéctase na Lúa en forma do ton avermellado que se ve durante a eclipse. Este gráfico explica o fenómeno:

Zonas de sombra e penumbra nunha eclipse de lúa. Fonte: NASA / Bussiness Insider.
Zonas de sombra e penumbra nunha eclipse de lúa. Fonte: NASA / Bussiness Insider.

E foron moitos os galegos que compartiron as súas fotos da eclipse:

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla