Matan a golpes a catro cabalos salvaxes nun monte de Oia

Os veciños de Viladesuso, en Oia, asistiron consternados a unha salvaxada cometida contra os cabalos salvaxes que habitan os montes da parroquia. Este novo caso de malos tratos animais provocou conmoción esta fin de semana. Catro cabalos salvaxes apareceron mortos nun túnel de desparasitación, mentres que outros cinco atópanse malferidos, con varios golpes na cabeza.

Os animais presentan signos de ser brutalmente agredidos con obxectos contundentes. Deuse aviso para que se investigue o acontecido, pero todo apunta a que os equinos foron introducidos nun espazo estreito, onde permaneceron presos sen posibilidade de escapatoria.

Publicidade

A voz de alarma dérona dous veciños de Oia que estaban a dar un paseo polo monte. Foron eles os que atoparon aos animais presos entre os barrotes do que parece ser un corredor de desparasitación.

Tres dos cadáveres eran de exemplares adultos e o cuarto era unha poldra. Había outros cinco cabalos feridos e os veciños abriron a comporta para que puidesen escapar.

Publicidade

Está a investigarse quen está detrás destes actos, que consternaron aos habitantes da zona, pois nunca antes se rexistrara un “atentado animal” destas características. Preocupados ante tal situación, e con medo a que se repita un suceso similar, 20 gandeiros concentráronse este domingo para tratar de previr un acto similar.

O cabalo galego de monte é unha especie que precisa especial protección e que está considerado un patrimonio natural en Galicia.

Drones para estudar e conservar o cabalo galego de monte

2 COMENTÁRIOS

  1. Espero que se haga justicia con esos malnacidos. Alguien capaz de hacer esas atrocidades a unos animales indefensos no debería andar suelto ni vivo, esa gentuza solamente aporta desgracias.

  2. Ojalá que la próxima noticia sea: detenidos los asesinos de los caballos encontrados en Oia.. Se enfrentan a una pena de carcel de varios años por 4 delitos de asesinato y malos tratos a otros caballos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía