Ceos Galegos 2019, un calendario con catorce abraiantes imaxes

Un ano despois da súa primeira edición, e despois da boa acollida, Ceos Galegos 2019 xa é unha realidade. O proxecto impulsado polo físico e divulgador Dosi Veiga, no que se recollen catorce fotografías abraiantes realizadas por algúns dos mellores astrofotógrafos de Galicia, xa está á venda.

O proxecto incorpora este ano varias novidades, alén de manter algunhas das trazas que permiten gozar das imaxes en gran formato, como a impresión mural de case 50 centímetros de ancho e papel de alta calidade. Así, Ceos Galegos 2019 incorpora textos en galego e inglés, novos fotógrafos e novas temáticas, xa que aparecen tamén outros fenómenos atmosféricos como os lóstregos ou os solpores, non só centrados na astrofotografía.

Publicidade

O Xigante do Monte Pindo, nunha composición de 25 fotografías de 1800 segundos de exposición. Obra de Fins Eirexas.

Ceos Galegos 2019 leva o selo de Kikeflash, Alejandro Nieto, Fins Eirexas, Óscar Blanco, Pablo Martínez, Ángel D. R. Arós, Noa Táboas, Marcos Gestal, Alfredo Madrigal e José Castro. Nestes primeiros días de saída á venda, ata este mesmo 30 de novembro, está aberta a promoción Ceo e Terra, coa que, ao mercar o calendario, regálase un lote de castañas, noces e avelás do país en todos os pedidos. E pedindo 3 ou máis exemplares, vai outro de agasallo.

Toda a información sobre presentacións, puntos de venda, pedidos e consultas sobre o proxecto está dispoñible na web ceosgalegos.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A eclipse solar vista dende o espazo: así é a sombra que se proxectou sobre a Terra

As imaxes do Meteosat de terceira xeración, tomadas a 36.000 quilómetros de altitude, amosan o camiño da Lúa xusto antes da chegada da noite

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana