O ceo por fin ten nomes galegos: este é o dicionario...

A Real Academia Galega aproba a listaxe, froito da colaboración entre o Seminario de Terminoloxía e un equipo de expertos en Astronomía

Ceos Galegos 2019, un calendario con catorce abraiantes imaxes

Sae á venda a nova edición do almanaque de gran formato con fotografías nocturnas e astronómicas tomadas desde varios puntos de Galicia

Encélado en silueta

A imaxe amosa os penachos que continuamente expulsa ao espazo desde o polo sur a lúa de Saturno de 500 quilómetros de diámetro

Charla e observación astronómica na Nave de Vidán, en Santiago

O físico Dosi Veiga comeza a súa xira de charlas sobre as mellores imaxes astronómicas do ano para a NASA

Unha visualización inmersiva no centro galáctico

Un vídeo en 360 graos permite simular a situación no centro da Vía Láctea

Planetas sobre a á

Xúpiter e Marte son visibles a simple vista desde un avión que voa sobre os arredores de Praga, na República Checa

A nebulosa Hélice desde un telescopio de Hawai

A imaxe foi tomada polo telescopio Canadá-Francia-Hawaii (CFHT) localizado no cumio dun volcán durmido en Hawai

“Ceos galegos é unha porta aberta para afeccionarse á astronomía en...

O físico Dosi Veiga coordina un calendario que recolle as mellores imaxes do firmamento tomadas por fotógrafos en Galicia

Castrelo de Miño acolle Astro Galicia, a festa das estrelas

Haberá observacións do ceo nocturno coa participación de seis asociacións astronómicas

UGC 1810: galaxia interaccionando salvaxemente desde o Hubble

As zonas máis azuis representan as estrelas novas, mentres que as de cor vermello son máis vellas e enfiadas con po filamentario frío