Filamentos da galaxia activa NGC 1275

Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, ESA, NASA; Procesado e copyright: Domingo Pestana
Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, ESA, NASA; Procesado e copyright: Domingo Pestana

Explicación: que mantén estes filamentos unidos á esta galaxia? Os filamentos persisten en NGC 1275 aínda que a lea das colisións galácticas debera destruílos. Primeiro, a galaxia activa NGC 1275 é o membro central e dominante do grande e relativamente achegado cúmulo de galaxia Perseus. De aspecto salvaxe en lonxitudes de onda do visible, a galaxia activa tamén é unha fonte prodixiosa de emisión de raios X e radio. NGC 1275 acumula materia cando as galaxias enteiras caen ao seu interior, alimentando ao fin ao burato negro supermasivo do núcleo galáctico. Esta imaxe composta, recreada a partires de datos de arquivo do Telescopio Espacial Hubble, salienta os refugallos galácticos resultantes mailos filamentos de gas brillante, algúns de ata 20.000 anos luz de lonxitude. As observacións indican que as estruturas, botadas desde o centro da galaxia pola actividade do burato negro, mantéñense xuntas polos campos magnéticos. NGC 1275, coñecida tamén coma Perseus A, abrangue uns 100.000 anos luz e atópase a uns 230 millóns de anos luz de distancia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo