“Ceos galegos é unha porta aberta para afeccionarse á astronomía en Galicia”

A Vía Láctea sobre as montañas nevadas dos Ancares. O raio verde de Verne sobre a ría de Vigo que visitou o escritor francés. As estrelas sobre a Catedral de Santiago. Son tres das impresionantes imaxes que varios astrofotógrafos aportaron para o calendario Ceos Galegos, coordinado polo físico e divulgador Dosi Veiga. É “a punta de lanza” dun proxecto que pretende facer medrar a afección á astronomía no país. Xa está recibindo numerosos encargos para lugares como Australia, Estados Unidos ou Dubai. Un calendario que vai camiño de ser “un produto turístico”. E ben fermoso. GCiencia conversou con el.

– É Galicia un bo lugar para contemplar o ceo?

Publicidade

Dosi Veiga.
Dosi Veiga.

– Si. Sobre todo se saímos do eixe atlántico, hai lugares moi bos. As montañas de Lugo e Ourense a zona central de Galicia son zonas salientables. Tamén habería que matizar cales son bos para unha observación co público, tendo en conta os que quedan máis cerca dos grandes núcleos de poboación, e cales son bos para facer astrofotografía, onde se precisa aínda menos contaminación lumínica.

– Como nace Ceos Galegos?

– Son ideas que hai xa tempo que teño e que compartín con moita xente. Levo anos traducindo o APOD da Nasa, colaborando con proxectos estatais, facendo actividades de divulgación, etc. e comecei a darlle voltas a un proxecto que fose unha porta de entrada para buscar unha porta de entrada para afeccionarse á astronomía en Galicia. Queremos partir dun produto comercial, como é o calendario, e facelo noso, utilizando as imaxes dalgúns dos mellores astrofotógrafos que hai en Galicia.

E así xorde o calendario. Preparamos unhas fotografías fermosas, cun pequeno texto explicativo, para levalo ás casas, e ofrecerlle á xente algo que todo o mundo queira e poida ter.

Imaxe de setembro. Raio verde baixo a ponte de Rande. Foto: Angel D. R. Arós.
Imaxe de setembro. Raio verde baixo a ponte de Rande. Foto: Angel D. R. Arós.

– Hai moita afección á astrofotografía en Galicia?

– Dende logo que si. Cando comezamos a preparar o calendario, vimos que precisabamos fotografías con moita calidade para que soportasen o tamaño que requería o calendario. E pensamos que igual non sería posible. Pero ao facer o chamamento foi moi positivo ver que había moito onde escoller. Chegáronnos moitas fotos preciosas. E así conseguimos unha ampla representación de todo tipo de imaxes: paisaxes, monumentos, galaxias… Un abano enorme.

– O calendario é só o primeiro paso. Que outras iniciativas hai en mente?

– Son pasos que iremos dando pouco a pouco. Queremos construír un soporte estable para facer divulgación astronómica en Galicia, e tocar outros eidos: historia, mitoloxía, ciencia, etc. A nosa idea é facer un proxecto moi amplo a nivel divulgativo.

Como mercar o calendario “Ceos Galegos”.

– A través da web Ceos Galegos, nesta ligazón.

– En persoa:

A Coruña
Librería Santos Ochoa, na rúa Teresa Herrera, 3
Librería Azeta, na praza José González Dopeso, 1

Lugo
Librería Trama, Av. da Coruña, 21 galerías. Lugo.

Ourense
Libraría Tanco, en Cardenal Quevedo, 22.
Librería Káthedra, na rúa Valle Inclán, 14.
Ars Lumen, na rúa Pilar Miró, 1.
Óptica Tu Visión, na rúa Pena Trevinca, 33.

Pontevedra
Librería Seijas, na av. Vigo, 13.

Santiago de Compostela
Libraría Pedreira, Rúa do Home Santo, 55.

Ferrol
Central Librera, na rúa Dolores, 2.

Allariz
Libraría Aira das Letras, na Rúa Emilia Pardo Bazan, 5 baixo.

Cangas.
Libraría Viláfer, na rúa Real, 13.

2 COMENTÁRIOS

  1. Buenas tardes, somos de la Libreria Central Librera C/Real 71 de Ferrol, y estamos interesados en su publicacion. Como podemos adquirirla?? Saludos

  2. Eu tamén vin o raio verde. E dou grazas por estar previamente preparada para identificalo, pois durou o que dura un pensamento fulminante.
    Foi nun solpor esplendoroso dende o Alto de Guítara (Pantón), onde ás veces vou contemplar o ceo.
    Alí teño observado eclipses, halos, “estrelas fugaces” ou, sinxelamente, a maxestuosidade dun ceo estrelado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As curiosas imaxes do asteroide que podería impactar contra a Terra en 2032

O obxecto, cun ancho de entre 40 e 90 metros, ten unha probabilidade do 2,3% de chocar contra o noso planeta

A eclipse total que somerxerá a parte de Galicia na sombra nun minuto

O fenómeno astronómico terá lugar en 2026 e, a diferenza dos que sucederán en 2027 e 2028, será visible en todo o seu esplendor no norte

A conciliación impide que as científicas participen nos medios tanto como os homes

A situación persoal e familiar é o obstáculo que atopan o 23% das investigadoras para divulgar fronte ao 10% do sexo masculino

2024 YR4: o asteroide que podería impactar contra a Terra en 2032

O corpo celeste é semellante ao que impactou en Siberia en 1908, o cal causou unha enerxía explosiva de entre 10 e 20 megatóns de TNT