A nebulosa Hélice desde un telescopio de Hawai

Créditos da imaxe: CFHT, Coelum, MegaCam, J.-C. Cuillandre (CFHT) e G. A. Anselmi (Coelum)
A  nebulosa Hélice. Créditos da imaxe: CFHT, Coelum, MegaCam, J.-C. Cuillandre (CFHT) e G. A. Anselmi (Coelum)

Explicación: será así o noso Sol algún día? A nebulosa Hélice é un dos exemplos máis achegados e brillantes dunha nebulosa planetaria, unha nube de gas creada ao remate da vida dunha estrela de tipo solar. Os gases exteriores da estrela expulsados ao espazo aparecen desde o noso punto de vista coa forma dunha hélice. O núcleo estelar central remanente, destinado a se converter nunha estrela anana branca, brilla cunha radiación tan potente que fai que o gas expulsado previamente emita fluorescencia. Esta nebulosa, que recibe a designación técnica de NGC 7293, atópase a uns 700 anos luz de distancia cara a constelación do Augador (Aquarius) e abarca uns 2,5 anos luz. A imaxe publicada foi tomada co Telescopio Canadá-Francia-Hawaii (CFHT) localizado no cumio dun volcán durmido en Hawaii, EUA. Un primeiro plano do bordo interior da nebulosa Hélice amosa complexo nós de gas de orixe descoñecida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo