Como podes ver esta noite a grande aliñación planetaria dende Galicia

O 28 de febreiro os concellos das Rías Baixas terán ceos despexados, o que facilitará a observación dos corpos celestes formando un arco sobre a Terra

Os planetas do Sistema Solar estarán aliñados no ceo esta noite. Neste raro evento poderase observar como Saturno, Mercurio, Neptuno, Venus, Urano, Xúpiter e Marte se ordenan nun mesmo arco. Malia que non todos os corpos celestes se poderán ver a simple vista, as poucas nubes que se agardan despois do solpor en boa parte de Galicia permitirán poder desfrutar desta singularidade astronómica.

A pesar de que non é raro que algúns planetas estean ao mesmo lado do Sol e ao mesmo tempo, é pouco común que todos se ordenen deste xeito. A grande aliñación deste 28 de febreiro non se volverá a repetir ata o ano 2492, segundo indica o profesor Francisco José Torcal nun artigo en The Conversation.

Publicidade

Os sete planetas aparecerán aliñados no ceo formando un arco visible dende a Terra. Para observalo, deberase orientar cara ao o sur 45 minutos despois do solpor, segundo indica o Observatorio Astronómico Nacional. En Galicia, este fenómeno poderase desfrutar en boa parte do territorio, xa que non se espera que os ceos estean moi cubertos. Segundo as perdicións de Meteogalicia, os concellos das Rías Baixas serán os que máis despexados teñan o seus firmamentos.

Como identificalos

Á hora de observar esta aliñación haberá que saber distinguir entre planetas e estrelas. Acorde as indicacións do profesor Torcal, a diferencia está no seu escintileo. Se o brillo do obxecto se mantén constante é que son planetas. Venus será o máis brillante, seguido de Xúpiter. Por outra banda, Saturno aparecerá como un punto máis relucente preto de Venus.

Publicidade

“Unha vez teñamos estes tres localizados no ceo, deberemos buscar nos arredores da liña que os une para atopar o resto. Malia que Venus, Xúpiter, Saturno e Marte poderanse ver a simple vista, recoméndase ter a man uns prismáticos para non perdese o resto”, detalla o experto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación da USC descobre por primeira vez mercurio nas cerámicas galegas de hai 5.000 anos

Dous estudos científicos revelan que as mostras procedentes do illote de Guidoiro Areoso destacan por presentar os valores máis altos rexistrados na análise

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras

Mercurio, Venus e Xúpiter forman un desfile planetario que poderás ver esta semana sen telescopio

Producirase unha conxunción entre Venus e Xúpiter e, uns días despois, o primeiro planeta do sistema solar estará visible xunto a eles