Aliñación de cinco planetas: o fenómeno que podes ver dende Galicia e sen telescopio

Esta semana Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno poderán observarse a simple vista, fenómeno que tardará 18 anos en volver acontecer

O comezo do mes de xuño trae consigo o primeiro fenómeno astronómico do verán: dende o pasado domingo ata o final desta semana os planetas Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter, Saturno e máis a Lúa, poderán observarse a simple vista no ceo, sen precisar telescopio. Este feito, apuntan os expertos, non é algo habitual, aínda que xa acontecera no século pasado e, máis recentemente, no ano 2014.

“Sobre o mes de novembro tamén tivemos unha aliñación observable a vista de todo o mundo, na que estaban Venus, Xúpiter e Saturno, e na que entrou despois a Lúa. Pero a que está a a acontecer agora é moito máis completa, porque van estar todos os planetas observables a simple vista (Venus, Marte, Xúpiter e Santurno) e tamén os dous que requiren de telescopio para poder ser apreciados no ceo: Urano e Neptuno”, explica José Ángel Docobo, director do observatorio astronómico Ramón María Aller Ulloa, da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Publicidade

Este sorprendente escenario poderá ser visto sen telescopio entre 45 minutos e 1 hora antes da saída do Sol, comezando dende o leste. Neste momento os planetas aliñaranse no ceo segundo a súa distancia co Sol, de forma que o máis baixo de todos será o que máis preto se atope da gran estrela. “Este feito é algo moi curioso. Primeiro estará Mercurio, logo Venus, Marte, Xúpiter e por último Saturno. Ademais, os outros dous planetas, que únicamente poderán ser vistos cun telescopio, posicionaranse entre os xa mencionados: Urano estará no medio de Venus e Marte e Neptuno entre Xúpiter e Saturno”, expón Docobo. “Este fenómeno tardará, polo menos, 18 anos máis en volver repetirse“, engade o experto.

Outros fenómenos astronómicos relevantes neste verán

Segundo expón o Real Observatorio de Madrid en Twitter, esta semana, ao anoitecer, a Lúa iluminará todo o ceo polo sudeste e mañá, mércores 14 de xuño, o satélite da Terra estará en fase chea, coincidindo a súa saída coa posta de Sol. Ademais, será lixeiramente máis grande do habitual.

Publicidade

A Lúa chea entrará no ceo polo sudeste, 45 minutos antes da posta do Sol. Fonte: Real Observatorio de Madrid.
A Lúa chea entrará no ceo polo sudeste, 45 minutos antes da posta do Sol. Fonte: Real Observatorio de Madrid.

Por outro lado, Jose Ángel Docobo indica que durante os vindeiros meses non contaremos con eclipses observables dende Galicia e que o feito máis destacable que acontecerá no ceo este verán será a curiosa aliñación planetaria nesta terceira semana de xuño.

Xa en agosto, o astrónomo explica que as perseidas terán problemas para ser vistas dende a Terra, xa que este ano coincidirá a popular choiva de estrelas coa fase de Lúa chea, o que entorpecerá a súa observación. “Porén, eu sempre animo a xente a aproveitar estes meses de bo tempo para mirar o ceo, tanto as constelacións típicas do verán como a Vía Láctea, en zonas onde non haxa contaminación lumínica“, conclúe Docobo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados

Galicia vivirá unha xornada astronómica única: o máximo das Perseidas chega tras a eclipse total de Sol

As condicións serán favorables para contemplar ata 200 meteoros por hora durante a noite do 12 ao 13 de agosto, con nubosidade prevista no norte da comunidade

Conta atrás para a gran cita coa eclipse total en Galicia: “Non volveremos ver algo así na nosa vida”

Unha cobertura do 99% ou do 100% do Sol marca a diferenza entre unha simple diminución da luz e a aparición da coroa solar e da escuridade